Unha loita no aire

A traiñeira de Chapela, a falta dos últimos tests, pode perderse a cita desta tarde no paseo de Cardona e Cabo da Cruz quedará como única favorita na bandeira de Redondela

Publicado: 17 jul 2021 - 02:52 Actualizado: 17 jul 2021 - 21:23
Os casos de Covid limitan ó barco de Chapela. 

LGT
Os casos de Covid limitan ó barco de Chapela. LGT

Coa vista posta nas probas do Covid. A traiñeira feminina de Chapela tiña a cita desta tarde (17:30) no paseo de Cardona (Chapela) como unha das regatas chave no curso e tamén como un claro obxectivo ante a loita con Cabo da Cruz polo título da Liga Galega Feminina. Non obstante, dous positivos por coronavirus pararon á embarcación de Redondela, que onte esperaba os resultados dos tests e conta con poucas opcións de vogar hoxe diante do seu público.

Ata este momento, a categoría de mulleres vivía unha interesante loita entre a traiñeira de Boiro e a de Redondela polo cetro galego. Dúas vitorias sumaba Cabo da Cruz por unha do barco de Chapela no que vai de curso, pero a loita ten poucas opcións de vivir un novo capítulo. A tripulación de Redondela perderá poucos puntos porque, en casos de coronavirus, a normativa da Liga Galega establece que a embarcación sumará a media de puntos obtidos nas probas xa disputadas, de non poder competir nas bandeiras de hoxe e mañá.

Salvo sorpresa de última hora, os positivos de Chapela quitarán emoción a unha proba con claro favoritismo de Cabo da Cruz e na que Tirán Pereira terá unha interesante loita con Perillo por facerse coa terceira posición na táboa clasificatoria. Ata o momento, o barco de Oleiros gañou en dúas ocasións o man a man ó de Moaña e mañá tentarán vingarse as remeiras da “Ruly”. Non será unha tarefa sinxela para as moañesas debido ó nivel do seu opoñente nunha cita que estará marcada polo calor. A previsión é de máis de trinta graos, o que esixirá moito esforzo ás mulleres.

Contenido patrocinado

stats