La primera carrera en el covid
trail do trega
Eva Piñel e Adrián Rodríguez apañaron a vitoria no trail guardés, que retomou o pulso das carreiras populares na área metropolitana con seguridade sanitaria
O castro do Monte Trega é un dos mellor conservados de toda Galicia. O trail que sube polo seu monte aspira tamén a ser un clásico. Para acadalo, conqueriu algo tan sinxelo coma titánico neste 2020 marcado pola pandemia do coronavirus: disputarse. Onte tivo lugar a séptima edición da proba do Baixo Miño, na que o ourensán Adrián Rodríguez e a exatleta do Vila de Cangas, agora en Madrid, Eva Piñel apañaron a coroa de reis castrexos co seu triunfo.
Pero a verdadeira vitoria foi que 300 deportistas tomasen a saída dende o centro da Guarda para completar un percorrido de 14 kilómetros cun desnivel acumulado de 800 metros. Todo baixo as máis estrictas medidas de seguridade sanitaria. As clásicas, de máscaras ata a saída e toma de temperatura; e a máis chamativa, en forma de saídas por grupos de dez persoas, que iniciaban a proba en intervalos de 30 segundos.
A proba contou coa atleta olímpica Julia Vaquero como madriña e tamén como corredora. A guardesa estivo adestrando nas últimas semanas para participar na carreira e así o fixo. A fondista máis sobranceira da historia do atletismo galego -inda mantén o récord de España dos 5.000 metros- tomou a saída cunha camisola co seu nome e o dorsal 1, despois de departir con outros atletas cos que mesmo tomou algunha fotografía.
Despois, a correr. Sen mirar atrás. Os participantes percorreron as sendas do Trega cun tempo solleiro que fixo algo máis agradable o duro circuito trazado pola organización, que este ano tivo unha tarefa moi complicada de sacar adiante.
Na liña de meta, Adrián Rodríguez foi o máis rápido. Ergueu os brazos para parar o crono nun tempo de 1:08:01. Tralo ourensán, entrou Álex Goberna, a pouco máis de medio minuto (1:08:38). Case un minuto despois, chegou Daniel Pazó, que se subiu o terceiro caixón do podio cunha marca de 1:09:32.
En canto ás mulleres, Eva Piñel foi a primeira en atravesar a liña de meta. 1:27:12 marcou a ex do Vila de Cangas, agora no Atlético Cervantes de Alcalá. Foi unha vitoria autoritaria, xa que avantaxou en en máis de tres minutos á segunda clasificada. Vanesa Vila firmou un crono de 1:30:17 con escaso marxe sobre a terceira, Tamara García, que acadou un tempo de 1:30:34 na chegada do centro da Guarda.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Balonmano
Dos metros desde Almería
Hockey patines
El Traviesas pierde con claridad en casa del líder
Baloncesto
Cantero afronta la empresa