Un trail dos de verdade
Pontevedra Trail League
O Trail do Trega xuntou a 544 atletas polo monte da Guarda con vitoria para Adrián Rivas e Leticia Diz na distancia longa e de José María Lorenzo e Águeda Ramiréz na proba curta
A néboa estaba pendurada no cumio do Trega, como aviso de que o día era húmido e, na saída, a choiva feble mollaba ós deportistas para recordarlles que a sesión era de trail puro, con humidade, con auga, con treitos esvaradíos e correndo entre fochancas e algo de lameiro. O ideal para os que gustan das carreiras polo monte, que sabían que era un día para o goce atlético.
Neste contexto, a vitoria na proba longa foi para Adrián Rivas e Leticia Diz, que ademais certificaron a primeira posición da Pontevedra Trail League, que rematou onte. En homes, tivo que padecer Rivas porque primeiro David González e, despois, Ricardo Esteves fixeron sufrir ó gañador na primeira metade da proba. Aguantou para impoñerse no segundo treito, algo similar ó feito por Diz entre as mulleres, que tirou de fondo e técnica para superar a Alejandra Sanromán -por cinco segundos- e Ángela Castro.
Nas probas curtas, de 12 quilómetros, pero tamén un notable desnivel, os máis rápidos foron José Lorenzo e Águeda Ramírez.
Contenido patrocinado
También te puede interesar