vóley playa | copa de la reina
Calíope García y Clara de Asís Soler acaban cuartas en la Copa
Balonmano
O pavillón municipal de O Porriño, o interior e a maila súa contorna, foron onte o escenario onde se disputou o torneo “O Noso Club”, co que a Federación Galega de Balonmán poñía o broche de ouro á tempada en categorías benxamín e alevín.
Máis de 800 deportistas, xogando nos 165 equipos procedentes das catro provincias galegas, desfrutaron dunha xornada festiva na que cada conxunto disputou entre catro e cinco encontros de dous tempos de dez minutos na decena de pistas de xogo -seis interiores e catro exteriores- que se habilitaron no polideportivo da localidade de O Louro.
Houbo tempo para xogar, si, pero tamén para comer, descansar ou divertirse nunha xornada na que a calor foi un invitado máis. Gorras e crema solar foron imprescindibles no día de onte, no que tamén tiveron tempo de agradecer á organización, que ademáis de preparar zonas de sombra para os tempos de lecer, puxo a disposición de xogadores e familias distintos puntos con auga fría para combatir as altas temperaturas que se sufriron onte no Porriño.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
vóley playa | copa de la reina
Calíope García y Clara de Asís Soler acaban cuartas en la Copa
moutain bike | descenso
Ángel Suárez, decimosexto en el Descenso de Loudenvielle
traineras
Buen despertar de Tirán