Baloncesto | Tercera FEB
El Novobasket cedió ante el Xiria en el último cuarto
traiñeiras
Segundo test da tempada para Tirán Pereira e Samertolameu antes do inicio da Liga ACT San Miguel e nova mostra de que o conxunto do Con está un punto por enriba do seu veciño de Meira. Onte, en aguas de Cangas, a "Mar do Con" avantaxou en trinta segundo á "Terca" nunha regata con cinco viradas e seis longos.
A esta distancia chegouse tras un comezo de regata no que se deixaba intuír o contrario porque as dúas embarcacións de Moaña, que tiñan asignados os carreiros un e dous, mantiveron unha bonita loita no longo inicial e foron os de José Ferral os que tomaron a baliza en primeiro lugar cunha renda de dous segundos sobre os de José Ángel Cambados "Truco". Pola súa banda, Mugardos marcaba o terceiro mellor e a un par de segundos de Tirán.
Na seguinte baliza a "Mar do Con" xa puxo a súa proa por diante dos seus veciños, aínda que a distancia era mínima, mentres que a tripulación de Ferrol adaptouse ó ritmo da de Meira. As tres tripulacións distanciáronse claramente das compañeiras de manga e tamén das que competiron na quenda anterior.
Mediada a proba chegou o momento no que se rachou a regata cun barco de Tirán Pereira que aplicou a súa renda ós oito segundos para realizar un segundo treito de competición moito máis rápido que "A Terca". A tripulación de Meira comezou a esquecer a loita pola vitoria e comprobou como Mugardos, que presentou a súa candidatura ó título da Liga Galega, mantíñase a menos de cinco segundos.
Os de Meira aguantaron a praza pero cederon medio minuto sobre o barco do Con, o que parece moito de cara a Liga ACT San Miguel. A tripulación da Ría de Ferrol foi terceira e cunha marxe ampla sobre Vilaxoán, gañadora da quenda intermedia do día.
O barco vigués de Coruxo deixou boas sensacións co sexto posto con nove segundos de renda sobre Amegrove e Chapela tamén amosou unha boa faciana coa sétimo praza. Pola súa banda, Vila de Cangas, Ares, Cesantes e Bueu pecharon a regata.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Baloncesto | Tercera FEB
El Novobasket cedió ante el Xiria en el último cuarto
Voleibol | Superliga 2
El Club Vigo gana en casa sin Joel Ortega
Balonmano | División de Honor
El Porriño enlaza cuatro derrotas tras caer con claridad ante el Elda
Balonmano | División de Honor
El Guardés se crece para ganar al Bera Bera
Lo último
La Iglesia, con la crisis de la vivienda
Un hogar temporal para mujeres y madres: “Fue mi salvación”
La Iglesia, con la crisis de la vivienda
Un espacio cedido por la iglesia, convertido en lugar seguro para menores
La Iglesia, con la crisis de la vivienda
La Diócesis Tui-Vigo aumenta sus viviendas en alquiler al reformar casas rectorales