Tirán, nova raíña galega
Remo | Traiñeiras
A traiñeira moañesa acadou a vitoria no Galego feminino por diante da embarcación de Chapela, que repetiu segunda posición en homes, neste caso tras o barco de Ares
A localidade de Aguiño, no concello de Ribeira, albergou onte o Campionato Galego de traiñeiras nunha xornada solleira e con algo de vento, pero de escasa forza, que apenas incomodou ás traiñeiras. Pese a ser unha cita de mar aberto e ondas, a incidencia foi escasa, polo que a xornada resultou de forza, de moita potencia, para decidir o certame autonómico, que tivo como campións a Tirán Pereira en mulleres e a Ares na categoría masculina.
Precisamente, a regata feminina resultou especialmente fermosa na loita entre dúas tripulacións da Ría de Vigo. Por unha parte estaba o barco moañés e pola outra Chapela, que defendía o título e tiña o cartel de favorito. Non se deu na regata, pero polo escaso marxe de dous segundos e nunha competición na que “A Mosqueira” tomou a dianteira e pasou polo ecuador da proba con renda, pero era escasa. Por detrás, Cabo da Cruz e A Cabana Ferrol estaban moi lonxe.
Aguantou ata o final da proba Tirán Pereira para ondear ó remate da xornada o título galego e, sobre todo, amosar que esta tempada tratará de facer unha notable oposición a unha traiñeira de Chapela que loitará por todas e cada unha das vitorias. As dúas tripulacións obteñen o billete para o Campionato de España.
En homes, a cuestión era determinar se Chapela ou Tirán poderían loitar cos barcos da Liga ACT (Ares e Cabo da Cruz) e o berete amosou que o pode facer porque asinou o subcampionato tras o coruñés ó deixarse dez segundos, pero tivo unha renda de vinte coa embarcacións de Boiro. Tirán estivo lonxe dos seus predecedores. Coruñeses e redondeláns obteñen o pasaporte para o estatal de Castro Urdiales desta semana. Queda por determinar se deciden acudir a Cantabria.
O evento completouse coas traiñeiras de veteranos, con Puebla (mulleres) e Samertolameu (mixto) na primeira posición.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último