fútbol | mundial 2030
Louzán recibe a la delegación de la FIFA que visitará las sedes
remo
As augas do peirao da Mosqueira albergaron onte a Bandeira Concello de Moaña de bateis coa participación dun cento de embarcacións e vitorias nas clasificacións xerais de Tirán Pereira nas categorías femininas e de Chapela, nas masculinas. O mesmo resultado por puntos acadado o sábado na Bandeira Lavanova, que se trasladou dende Vilagarcía ó embalse de Verducido polo mal tempo.
Todo o contrario o vivido onte en Tirán porque apenas apareceu o vento e, de existir, foi de compoñente norte, que incide pouco na zona da Mosqueira. Ademais de acadar a bandeira, Tirán Pereira e Chapela tiveron unha actuación moi similar, con oito podios por club e tres vitorias parciais. A entidade ‘berete’ mandou nas categorías sénior, aínda que pasou apuros onte porque en homes Vilaxoán estivo a dous segundos e, en mulleres, Tirán e Vilaxoán deixáronse pouco máis de tres.
O club organizador acadou a primeira posición co batel sub-23 masculino e o cadete e o alevín feminino. Pola súa parte, a entidade chapeleira tamén gañou en xuvenil masculino. Vila de Cangas sumou a vitoria co batel xuvenil feminino e o infantil masculino e Samertolameu subiu ó alto do podio cos barcos infantil feminino e alevín masculino.
Os resultados consolidan o mando de Tirán e Chapela na presente tempada, pero tamén cun palmarés repartido porque moitos dos clubs participantes acadaron unha vitoria. Esta semana continúa a tempada en Domaio e no Grove.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
fútbol | mundial 2030
Louzán recibe a la delegación de la FIFA que visitará las sedes
Fútbol | segunda federación
La gasolina está muy cara
Carreira de montaña
Moito monte por asaltar