Ciclismo
Un estreno desde casa para el Picusa
Derbi galego
A vitoria do Conservas Orbe Zendal Porriño de onte ante o Guardés por 18-27 foi o terceiro triunfo en División de Honra do equipo louriñés na casa do seu inimigo íntimo. De longo, foi o marcador a favor máis amplo ó seu favor en todos os enfrontamentos directos, tanto os xogados na Sangriña como no Municipal porriñés. O equipo ‘vermello’ xa gañou no curso 23/24 por 29-30 nun encontro correspondente ós cuartos de final do ‘play-off’ polo título. A anterior vitoria no pavillón da Guarda foi no primeiro ano no que os dous equipos coincidiron en División de Honra. Chegou no curso 2012/13, cun marcador de 22-25.
No referente á diferenza tamén foi de plusmarca porque a máxima vitoria das louriñesas sobre as miñotas estaba nos catro tantos. Pola súa banda, o conxunto da Guarda ten vitorias de 14, 11 e 10 tantos. No Porriño á máxima renda tamén foi de nove (20-29), o 29 de decembro de 2018.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Ciclismo
Un estreno desde casa para el Picusa
balonmano
La Copa del reencuentro
Baloncesto
El Celta más ganador de la historia
Fútbol | Tercera Federación
El filial de As Celtas derrota al Tomiño y conquista la Liga