Balonmano
El peor del mejor momento
Bateis
Vigo/ Había unha alerta meteorolóxica no mar, que finalmente non foi tan dura como o previsto, pero que serviu para que os bateis trocaran a Ría de Vigo polo embalse de Pontillón do Castro para disputar a Bandeira Concello de Moaña. No referente ó tempo, a choiva e o vento apareceron a refachos, polo que crearon algunhas diferenzas entre quendas. Unha particular lotaría que trocou algúns dos resultados da xornada, pero non foi unha circunstancia definitiva. O evento resultou multitudinario porque ós barcos habituais da zona sur sumáronse os de Cabo da Cruz para alcanzar as 99 embarcacións e, polo tanto, cos seus correspondentes 495 deportistas. Nesta verdaeira mórea de barcos e deportistas, destacaron os remeiros de Chapela, que acadaron a bandeira, tanto na categoría feminina como na masculina. En féminas obtiveron unha única vitoria parcial e foi na categoría absoluta ó superar en 13.22 segundos a Vilaxoán. Tirán Pereira pechou o podio.
Precisamente, os barcos do club organizador destacaron porque quedaronse coa vitoria alevín e a infantil. A entidade guardesa de Robaleira tamén fixo dobrete co barco cadete e o sub-23. Mecos, que gañou en xuvenís, completou o palmarés.
En homes, Chapela asinou uns resultados moi similares porque acadou a vitoria parcial en sénior e a ela engadiulle a conquistada en xuvenís. Robaleira (alevíns), Vila de Cangas (infantís), Mecos (cadete) e Tirán (sub-23) completaron o cadro de gañadores nas categorías masculinas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Balonmano
El peor del mejor momento
Natación adaptado
Juan Ferron ratifica la categoría S12 y apunta a Los Ángeles