Ciclismo
Un estreno desde casa para el Picusa
Balonmán
A capitá do Conservas Orbe Zendal Porriño, Sarai Samartín, admitiu ó rematar o partido contra o Valur, na final da European Cup na que caeron por un único tanto (25-24), que “estou fodida, non podo decir o contrario. Estamos tristes e doe perder, pero seguro que é algo que valoraremos co tempo”.
Sobre o transcurso do enfrontamento, a xogadora admitiu que “empezamos ben, estivemos por diante ata de tres goles e pasamos uns quince minutos sen marcar. Iso foi o que nos condenou porque aí remontaron e puxéronse por enriba. Non baixamos os brazos e loitamos ata o final, pero non nos chegou”.
No seu caso, o partido é aínda máis especial porque onte rematou a súa traxectoria no club no que leva toda a vida. “A min íame doer incluso gañando porque era despedirme do meu club e da miña casa. Perder é doloroso, unha pena e supón todo porque son moitos anos de traballo. Non é algo que chegou este ano, é algo que comezou moi atrás, de moitos adestramentos e moita xente implicada en todo o proceso. Ó final, estou moi orgullosa de estar xogando esta final. Sei que nuns meses vouno ver doutro xeito”.
Como parte positiva, Sarai Samartín valora a compaña que tiveron en Reikiavik e a expectación que levantou esta final. “Sabiamos que viña xente, pero velos aquí tras unha viaxe tan longa é unha pasada. Agora tamén puiden comprobar toda a xente que había no Porriño. É para estar emocionada. Estou triste pola derrota, pero tamén algo contenta por toda a xente que tentamos emocionar”, rematou a xogadora, que finaliza a etapa no seu club de formación ós 30 anos. Un día moi especial no que quedou a un gol dos penaltis.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Ciclismo
Un estreno desde casa para el Picusa
balonmano
La Copa del reencuentro
Baloncesto
El Celta más ganador de la historia
Fútbol | Tercera Federación
El filial de As Celtas derrota al Tomiño y conquista la Liga