Na San Silvestre, ata a nostalxia pode gañar

Atletismo

Unhas 10.000 persoas acudiron ó peche de ano atlético vigués con premios para unha cámara Nikkon, Alicia no Pais das Marabillas e Regreso ó futuro

Publicado: 31 dic 2025 - 12:45 Actualizado: 01 ene 2026 - 21:59
El atletismo toma el centro de Vigo con una multitudinaria San Silvestre | Atlántico

Ós clásicos siguen vixentes, o pasado é actualidade ou a nostalxia ata pode triunfar. A San Silvestre de Vigo é un mundo aparte, un lugar onde pasan cousas especiais, onde arrincan as festas de fin de ano e poden suceder cousas máxicas, como que os tres gañadores dos premios de disfraces na cita atlética e festiva, máis do segundo que do primeiro, teñan un aire a pesado, a bos momentos da infancia de hai uns cantos anos. Quizáis ese arrecendo ós bos tempos abrandou o corazón dos xuíces ou, quizáis, foi o recordo o que desatou as mellores creacións dos autores.

Así, unha cámara reflex tipo Nikkon, en decadencia polo auxe dos móbiles, una representación de Alicia no País das Marabillas e unha escinificación da película “Regreso ó futuro”, co seu Delorean incluido, leváronse os premios principais na categoría individual, a de grupos -con xente do Máis que Auga- e a infantil, respectivamente, na xornada do pasado mércores polo centro de Vigo. Un día no que a nostalxia triunfou.

A xornada foi histórica polas rúas do centro de Vigo porque ó redor de 10.000 persoas, cifra indicada polo alcalde, Abel Caballero, acudiron á cita. A de meirande participación dende que a San Silvestre é en horario matinal en competencia con aquel ano de 2019 que superou en algo este número, pero sempre en estimación porque repartíronse case 6.000 dorsais (5.935 inscritos), aínda que o carácter de balde e festivo do evento aparella que moita xente engádese a última hora sen número á sesión.

O inicio resultou multitudinario. Ó longo de varios minutos pasaban os corredores ou camiñantes polo arco de saída e así desfilaban os diferentes disfraces. Gañaron os anteriormente indicados, pero o xurado tivo onde escoller porque víronse conos, gafas do ano 2026, unha reclamación para que Balaídos acolla o Mundial 2030, algún vikingo, a lexión de Star Wars -un clásico en Vigo- ou bolsiñas con bolas ‘Tic Tac’. Un verdadeiro exercicio de imaxinación individual ou colectiva tinguida dos habituais goriños de Nadal e con recadación para o Banco de Alimentos incluida, xa que a San Silvestre de Vigo é festa, pero sen esquecer a parte solidaria.

E, no momento da verdade, para a gloria se subir ó árbol de Porta do Sol, a escenificación da vitoria foi esa Nikkon enorme, unha peza literaria universal sacada adiante polos atletas do Máis que Auga e un “Regreso ó futuro” que cada ano que pasa é máis volta, pero o pasado. A nostalxia como elemento de conquista con ese Delorean. Un deseño automobilístico futurista para un tempo que tería que vir pero nunca chegou.

Contenido patrocinado

stats