Samertolameu supera a Tirán en Vilagarcía

traiñeiras

redacción. vigo
Publicado: 20 jul 2020 - 03:20 Actualizado: 20 jul 2020 - 03:20
Os remeiros de Samertolameu celebran a vitoria en Vilagarcía.
Os remeiros de Samertolameu celebran a vitoria en Vilagarcía.

nnn A traiñeira de Samertolameu volveu a superar onte a Tirán Pereira para asinar o pleno de vitorias no primeiro fin de semana da Liga Galega de traiñeiras e confirmar a sorpresa apuntada o sábado. Onte a cita foi en Vilagarcía e a quenda de honra xa tiña ós favoritos man a man. Foron os remeiros de Dani Pérez Fandiño os que superaron ós adestrados por Benji Vázquez e o fixeron con claridade, con máis de sete segundos de renda.

Non obstante, a "Mar do Con" foi a traiñeira que mandou no primeiro longo e na metade da regata os dous botes moañeses asinaron un tempo de 9:24 con tres segundos de renda sobre Vilaxoán, que comezaba a perder tempo. "A Terca" xa chegou por diante á terceira baliza e no último rego ampliou a distancia, mentres que Tirán Pereira, sen atopar o ritmo nin o xesto técnico, perdía metros de xeito paulatino.

Esta semana haberá dúas novas citas da máxima categoría do remo galego. O sábado no Grove o e domingo, precisamente, en Meira.n

Contenido patrocinado

stats