De réquiem, raíñas ou unha Penélope nas Travesas

Patinaje

O Galego de grupos show comezou onte no pavillón vigués e esta tarde continúa

Un grupo se show sostén a unha compañeira nun exercicio de equilibrio.
Un grupo se show sostén a unha compañeira nun exercicio de equilibrio. | JV Landín

O pavillón das Travesas albergou onte a primeira xornada do Campionato Galego de grupos show, con vitorias para o Gondomar e o Condado Salvaterra. Nunha sesión que, como é habitual, estivo marcada polo bo ambiente nas bancadas e por un fermoso espectáculo na pista.

Na categoría xúnior de grupos show, o podio foi totalmente para as patinadoras da área de Vigo con vitoria para o CPA Gondomar, que representou “Eva, Réquiem Eterno” (31.15 puntos). No segundo posto quedou o Condado-Salvaterra con “Reina Eterna” (27.64), mentres que o Arealonga de Chapela finalizou terceiro con “Mercaderes de Vidas” (23.97).

Na final absoluta de grupos show pequenos, o triunfo levouno o Condado-Salvaterra coa representación de “Penélope” (31.39). Asinou unha primeira posición solvente con marxe sobre o Brión, que representou “Sed de sangre” (26.66), mentres que no terceiro posto rematou o Aehde-Carballiño con “Asesinato en el Orient Express” (23.68).

Para esta tarde quedarán as finais autonómicas de cuartetos, os xuvenís (17:00) e os sénior (17:45), mentres que o Galego de grupos show grandes será ás 18:50 horas. O prato forte do fin de semana.

Contenido patrocinado

stats