O reloxo quedou na terra

Traiñeiras

As cinco últimas traiñeiras masculinas chegaron tarde á saída do Memorial Pepe O Ruso, que gañou Bueu B e con vitoria para Tirán entre as mulleres nun día con 29 barcos

A traiñeira feminina de Tirán Pereira obtivo a vitoria no Memorial Pepe o Ruso de onte en Bueu.
A traiñeira feminina de Tirán Pereira obtivo a vitoria no Memorial Pepe o Ruso de onte en Bueu. | Atlántico

Cando se establece unha regata de pretempada poden existir dúbidas, preguntas, axustes por facer. Se é a primeira do ano, as tripulaciós chegan sen acoplar moito na remada e, sobre todo, na organización. E quedou patente onte no Memorial Pepe O Ruso de Bueu, no que as cinco traiñeiras máis potentes chegaron tarde á saída tras un despiste de Samertolameu que non deron solucionado os seguintes barcos en remar. E así, a vitoria foi para Bueu B (21:22.08) por diante de Chapela B (21:33.63). A isto engadiuse catro sancións de dez segundos e un fóra de regata da tripulación de veteranos de Virxe da Guía. O dito, queda moito por axustar e, en gran medida, para isto son as regatas de pretempada.

En mulleres, acudiron á saida dúas embarcacións e das chamadas a marcar a tempada porque vogaron Tirán Pereira (24:16.00) e Cabo da Cruz (24:18.99), con vitoria para a primeira tripulación con dous segundos de adianto sobre a seguinte. Emoción para o comezo do ano.

A embarcación masculina de Samertolameu chegou tarde á saída e provoucou o caos
Bueu B superou á segunda traiñeira de Chapela, mentres que a primeira berete quedou fóra de regata
A cita buenense contou con 29 barcos e, en mulleres, Tirán Pereira superou a Cabo da Cruz

A continuación, a regata masculina foi a máis numerosas, cunha notable participación de barcos da Ría de Vigo e un gran número de filiais. Pouco a pouco, foron saíndo as traiñeiras con algunha que outra penalización de 10 segundos por errar na manobra de saída, pero alá foron. Tiñan que cubrir un percorrido costeiro con varios pasos por baliza baixo o abrigo do vento, que sopraba de sur e podía molestar moito. Todo ía saíndo ata que chegou a quenda de Samertolameu e o barco moañés non estaba na saída. Tivo que quedar para o final e a súa ausencia despistou a outros barcos, que chegaron tarde. Ata o punto de que o primeiro de Chapela quedou fóra de regata e Tirán, Chapela e Ares asinaron malos tempos.

O resumo é que xuntados os incidentes, que non foron poucos, a sorprendente vitoria foi para a segunda traiñeira de Bueu, por diante da filial de Chapela. Dos barcos de referencia, Ares deixouse máis de minuto e medio co primeiro clasificado, máis de tres Cabo e Chapela A non entrou na clasificación. Cesantes, pola súa banda, estivo na metade da táboa.

Boiro agarda

A xornada tamén serviu para ver no auga ás embarcacións de veteranos, que teñen a tempada na primavera. Foi a posta de longo do grupo feminino de Samertolameu (30:44.20) que competiu ante Puebla (28:43:04), mentres que en homes, o barco de Meira (21:12.23) superou a Chapela (21:21.66). Queda moita tempada por diante, con seguinte cita en Boiro.

Contenido patrocinado

stats