Un punto de ouro

división de honra xuvenil

O Areosa andiantouse ante o Deportivo, encaixou a igualada ó inicio do segundo acto e aguantou con algo de fortuna o empate

redacción. vigo deportesad@atlantico.net

Publicado: 20 nov 2016 - 03:09 Actualizado: 21 nov 2016 - 09:31

O Areosa gañou onte ante o Deportivo na Coruña.
O Areosa gañou onte ante o Deportivo na Coruña.

Un punto con algo de sorte, pero tiña en números vermellos este capítulo o Areosa esta tempada e onte recuperou algo o saldo na visita a un dos favoritos ó título, o Deportivo.

A primeira metade foi o mellor tramo do partido do equipo vigués. Con chegadas para ambos equipos, o tanto chegou dende o punto de penalti. Álex desbordou por banda e foi derribado. Brais transformou a pena máxima.

A segunda metade comezou con movemento porque o Areosa enviou un balón ó pau e, a continuación, o coruñés Ortuño fixo o empate. O Deportivo mandou ata o final, desperdiciu ocasións para gañar de xeito claro, pero non superou a Diego.

Pola outra banda, o Celta xuvenil defende o liderado hoxe na visita ó Bansander.

Deportivo:

Chema, Víctor, Jiménez, Mujaid, Joel, Gandoy (Sebas, min. 70), Adrián, Iago Novo (Sanda, min. 75), Pedro, Ortuño, Boedo (Porrúa, min. 78).

Areosa:

Diego, Expósito, Pablo Díaz, Antón Alonso, Guillermo, Pablo Arnosi, Alejandro (Crende, min. 86), Brais Bernández (Joao Víctor, min. 75), Javier Ben (Alberto, min. 85), Iago Dafonte, Óscar Caramés (Migui, min. 78).

Goles:

0-1, min. 25: Brais Bernández, de penalti. 1-1, min. 50: Ortuño.

Árbitro:

González Arévalo. Amosou cartón amarelo Gandoy e Ortuño polo Deportivo e a Antón Alonso, Guillermo e Javi Ben polo Areosa.

Incidencias:

Partido correspondente á décimo terceira xornada de División de Honra xuvenil disputado en Abegondo.

Contenido patrocinado

stats