A prata queda na casa
Ciclocross | Campeonato de España
A selección galega acadou a segunda praza nas remudas do primeiro día do Campionato de España en As Pontes nun circuíto cheo de lama e moi espectacular
Ciclocrós en estado puro o de onte na apertura do Campionato de España 2025 de ciclocross nas Pontes. Baixo a chuvia e sobre moito barro, disputouse a carreira de remudas por combinados autonómicos no circuíto do lago e a defensora do título, Asturias, impúxose por diante de Galicia e Cantabria. Logo de quedar o ano pasado sen medalla, a Selección de Breogán regresou ao podio igualando o resultado do 2023 en Vic. O sexteto formado por Samuel González, Lucas Lozano, Andrés Calvete, Lorena Patiño, Raúl Puelles e Miguel Rodríguez chegou liderando a proba ao seu ecuador, pero nas dúas últimas voltas Asturias tomou o mando e venceu por unha marxe de 1 minuto e 13 segundos.
O elite vigués Samuel González deu a primeira das seis voltas e pasoulle o testemuño ao cadete Lucas Lozano lixeiramente por diante de Euskadi. O marinense só foi superado polo júnior catalán Martí Martínez e no seguinte parcial o máster-40 cambrés Andrés Calvete recuperou a primeira posición para Galicia. A segunda metade da carreira comezou cunha gran volta da júnior marinense Lorena Patiño, que rematou a menos de 20 segundos do máster-40 valenciano Javier Cabanes. Asturias íase achegando á cabeza e no penúltimo parcial, o elite Mario Junquera pasou da terceira á primeira praza. O júnior betanceiro Raúl Puelles mantivo á Galicia coas opcións intactas de pelexar polo segundo posto e o sub-23 ponteareán Miguel Rodríguez arrancou á par do máster-40 cántabro Isaac Suárez para gañaar o duelo pola prata. So Asturias escapou.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
esgrima en silla
Judith Rodríguez vive dos grandes combates en Hungría
Tenis
Instalado en semifinales
traineras
Felicidad de estreno