O Porriño ó completo recibe ó líder, o Bera Bera

Balonmán

O equipo dirixido por Isma Martínez tentará acadar a vitoria ou, polo menos, sacar algún punto

Isma Martínez dá instruccións nun partido da presente tempada.
Isma Martínez dá instruccións nun partido da presente tempada. | J.V.Landín

O Conservas Orbe Zendal Porriño ten esta tarde un novo encontro (18:15) de División de Honra e pasa por ser o máis difícil posible porque recibe ó campión e actual líder, un Bera Bera que soamente cedeu un empate en todo o que vai de tempada. O resto foron vitorias, unha ducia, incluida a obtida ante o conxunto louriñés na primeira xornada de liga (35-20).

Pese a iso, o equipo dirixido por Isma Martínez tentará acadar a vitoria ou, polo menos, sacar algún punto. Non será unha tarefa doada, pero si existen algúns datos que poden incrementar o optimismo. O primeiro é contar coa totalidade do equipo a disposición do adestrador. Non hai baixas, pero si está con algúns problemas Ugazi Manterola, que rachou o nariz hai uns días pero poderá xogar. También esá no equipo a zurda Juliana, que chegou tarde ó equipo e, despois, xogou pouco. Debe comezar a render.

O segundo dato a favor da formación da Isma Martínez é a traxectoria dos últimos anos ante o club vasco, xa que en catro campañas acumula dous empates, unha vitoria -o pasado curso- e unha derrota. Cifras notables ante o equipo que manda na División de Honra.

Na actual tempada, o Bera Bera aproveitou o mercado invernal para asinar á xaponesa Sora Ishikawa, aínda que non estará no Porriño porque aínda non dispón do pemiso de traballo. Tampouco a primeira liña Carmen Arroyo. Ausencias que poden lastrar algo o potencial dun equipo de enorme calidade.

Contenido patrocinado

stats