Pedras para os obstáculos no Trail de Arcos José Teixeira
Trail de Arcos José Teixeira
Eloy Martínez e Mónica González, na proba curta, e David Álvarez xunto a Beatriz Comesaña, na longa, obtiveron a vitoria no Trail de Arcos, homenaxe a José Teixeira
Na España da postguerra, de fame e penurias, un neno corría pola parroquia de Arcos tras rematar a xornada laboral como albanel. Era miúdo e tiña facilidade para o salto ata o punto de ser, na década dos cincuenta, e xa feito un home, o mellor atleta de España nos 3.000 obstáculos. O seu nome é José Teixeira e onte os veciños da súa parroquia recuperaron o trail co seu nome para recordar ó xa histórico atleta, falecido este ano.
A cita resultou repleta de emoción porque moitos dos seus descendentes puxeron o dorsal para recordar, á carreira, a figura de tan ilustre veciño que, no seu día, pasaba os obstáculos feitos con canas no campo de fútbol. Na proba de montaña, foron as pedras, os penedos do monte da Picaraña e cumios lindeiros, os que protagonizaron o evento deportivo. A choiva caeu, pero en menor cantidade da prevista, para os 150 participantes repartidos entre dúas citas competitivas e unha andaina. A curta, de 11,5 quilómetros, tivo a vitoria de Eloy Martínez (59:11). Un tempo notable para superar en máis de sete minutos ó seguinte. En mulleres gañou Mónica González (1h 29:12). Na cita longa, de 21.000 metros, impuxéronse David Álvarez (1h 55:00) e María del Carmen Lago (2h 52:44).
Contenido patrocinado
También te puede interesar