Palabras de Portugal
JUDO
Os judocas do sur do Miño mandan na Super Copa cadete ó acadar sete victorias, mentres que a representación galega acadou tres títulos e un total de dezaoito preseas
En Vigo é habitual atoparse portugueses un fin de semana. Cando o sol aperta no estío, están por Samil, e nas pontes, nos grandes almacéns. De recente chegada é o desembarco pola Nadal, pero onte tiveron unha excursión deportiva, que foi directamente á conquista da Super Copa de España Cidade de Vigo de judo, que é unha competición para a idade cadete e na que os deportistas lusos obtiveron sete vitorias en dezaseis categorías, moi preto da metade. Unha fazaña.
Do que non foi para Portugal, sobresaiu a expedición galega, con ata tres vitorias e un total de dezaoito podios. Bos números para ser a mellor selección do estado español e con mando nalgunhas das categorías de máis peso. En homes, Ian Seguín e Breixo Siso asinaron un dobrete na división de -90 quilos. E, en mulleres, este ouro e prata foi en +70. Mawa Camara acadou a primera posición e Antía Januario rematou segunda. A terceira vitoria foi no outro extremo, na categoría de menos peso (-40), na que Candela Costa superou a Vaitiare Pastrana na segunda praza. Do referente á expedición galega, completouse o palmarés coas pratas de Alejandro Chiarroni (Famu vigués), Pancho Lago e Sofía López (Famu vigués), mentres que os bronces foron para Matero Cerillo, Hugo López, Alberto Rodríguez, Sergio Lago, Hugo Viqueira, Leo Bello, Sara Mari Rivera (Galicia Sur vigués), Zeltia Sousa y Atana Úbeda.
Todo nun día de moita actividade no pavillón das Travesas, xa que ata 410 judocas entraron en competición sobre unha pista con cinco tatamis e unha mesa central para controlar todos os aspectos que pasaban, porque o tránsito de deportistas, xuíces e árbitros resultou constante.
Este é o panorama e a fotografía que se observou na pista viguesa no día central do evento vigués, que tivo o mando de Portugal, e para hoxe quedará o peche cunha clase maxistral que terá dúas horas de duración (11:00 a 13:00), que sempre ten unha ampla participación, especialmente da delegación galega porque é un momento bo para mellorar a formación e coñecer algúns trucos que sempre son chaves nas evolucións dos judocas. Formación e competición de alto nivel que ten na cita das Travesas unha reunión anual que serve para observar o nivel das canteiras de toda España e tamén comprobar o nivel de Portugal, que onte amosou talento.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Balonmano
Dos metros desde Almería
Hockey patines
El Traviesas pierde con claridad en casa del líder
Baloncesto
Cantero afronta la empresa