Pablo Ulla e Noemí Álvarez asinan unha vitoria de auga

Atletismo

A Correndo entre a auga celebrouse onte en Mondariz con 166 adultos os que engadir os cativos nas súas probas

A localidade de Mondariz Balneario albergou a súa carreira popular na mañá de onte.
A localidade de Mondariz Balneario albergou a súa carreira popular na mañá de onte. | Jorge Santomé

O municipio de Mondariz Balneario albergou onte a carreira popular Correndo entre a auga, que tivo dúas probas cronometradas e carreiras para menores para vivir unha fermosa xornada atlética en familia e, como indica o nome, con auga. Algunha da choiva e moita no chan tras a caída pola noite. Non foi impedimento para os atletas e para vivir un bo día de deporte con vitoria para o redondelán Pablo Ulla e a viguesa Noemí Álvarez na proba longa de 8 quilómetros. A curta, de 3, foi para Anxo Otero e Alba Porto. Un total de 166 completaron as probas con tempos controlados ós que engadir varios centos de nenos porque auga e carreira é diversión en Mondariz.

Contenido patrocinado

stats