As ondas de Hondarribia e as Mareas de Portugalete
LIGA ACT SAN MIGUEL
A Liga ACT San Miguel vive esta fin de semana dúas citas completamente distintas e que condicionarán ás tripulacións polas que opten os adestradores e tamén as posicións da regata.
Esta tarde chega a regata de Hondarribia (18:00, G2) que ten unha previsión meteoroloxía que podería ser interesante para Samertolameu de Meira. Os prognósticos falan de que entrará unha borrasca ó longo da tarde e que o vento irá aumentado a súa velocidade pouco a pouco polo que, se "A Terca" ten un día de inspiración, podería dar algunha sorpresa nunha regata de mar aberto, onde os remeiros de Meira están a acadar os mellores resultados. Non obstante, o primeiro obxectivo deberá ser gañar a loita directa con Portugalete, penúltimo clasificado, para manter algo de esperanza de permanencia. Misión case imposible porque o equipo de Moaña está a dez puntos do seu predecesor.
Pola súa banda, Tirán Pereira buscará repetir as sensacións do pasado domingo en Zarautz, onde realizou unha gran actuación e un quinto posto que reforza á "Mar do Con" de cara regata da Concha. Non obstante, a previsión é de onda dun metro para unha regata na que Hondarribia, líder, tentará sumar unha nova vitoria ante a súa afección (unha das máis numerosas do Cantábrico), que habitualmente tingue o peirao de verde.
Mañá a cita é Portugalete (12:00, G2) e os caprichos da súa marea. Nesta ocasión, a auga estará saíndo despois da preamar, polo que a quenda de honra podería ser a menos boa, pero na desembocadura do Nervión non hai nada certo.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar