Oito distincións viguesas ó mérito deportivo 2025

A Xunta premia a deportistas, clubs e figuras clave do deporte, con dúas homenaxes a título póstumo

O Gran Peña será distinguido no ano do seu centenario.
O Gran Peña será distinguido no ano do seu centenario. | Atlántico

Oito persoas ou entidades da área de Vigo están incluidas entre as 51 distincións ao mérito deportivo de Galicia correspondentes a 2025, outorgadas pola Xunta de Galicia. A entrega será este mércores nun acto que se celebrará no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña.

Dúas das distincións da área chegan a título póstumo co recoñecemento ó remeiro moañés José Luis Macey, toda unha institución no Samertolameu de Meira, e á xestora viguesa Marta Souto, quen foi directora xeral de Deportes da Xunta de Galicia, ademáis de unha salientable afeccionada ó Celta de fútbol e ó Cangas de balonmán. A lembrada Marta está incluida na decisión do xurado de ter en conta ós responsables políticos do deporte galego nos últimos anos, categoría na que se inclúen outros dos premiados coma o vigués Santiago Domínguez ou o vigués de adopción, e recentemente retirado do seu cargo, José Ramón Lete Lasa. Tamén figura na relación Eduardo Lamas, quedando a ex atleta ourensana Marta Míguez como a única ocupante do devandito cargo non incluida nestas distincións.

Completan a lista de oito vigueses premiados, por unha banda, dous clubes de fútbol que están festexando cadanseu centenario, o Gran Peña e o Tyde. E, por outra, dous deportistas coma o exfutbolista cordobés afincado en Vigo dende hai décadas Paco Doblas, ex xogador do Celta, e o vigués José Pereira, loitador de full contact.

Contenido patrocinado

stats