Obstáculos para os patíns
Patinaxe | Roller Cross
Os clubs de Ourense levaron o mando no Campionato Galego de roller cross celebrado no pavillón do Berbés, con medio cento de participantes que superaron as diferentes probas
O pavillón do Berbés acolleu onte o Campionato Galego de roller cross, unha modalidade de patinaxe de técnica na que os participantes teñen que facer un percorrido cheo de dificultades e obstáculos. Os deportistas do Meigas Rodas ourensán e do Roller Ourense amosaron ter un punto de habilidade superior ó resto e acapararon a maior parte dos títulos do evento.
O palmarés estivo formado por César Férnandez (Unity Blading), en sénior masculino; Lea González (Meigas), en sub-19; Carla Fernández (Meigas), en infantil; Yael Sandianes (Unity) e Aroa Campos (Ourense), en alevíns; Ainara Vidal (Ourense), en benxamín; e Sara López (Ourense), en mini feminino. En total, medio cento de patinadores afrontaron o evento baixo a organización do FSV Vigo.
Precisamente, a entidade local apañou algunha que outra medalla. Os alevíns Sabela Amil e Alexi Ilie foron bronce en alevíns, mentres que a sub-19 Uxía Ramallo acadou a prata. Todo nun día de moita diversión e un fermoso espectáculo deportivo e de notable habilidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
conflicto en Oriente Próximo
La exconcursante gallega de Masterchef Ofelia, atrapada en Dubái, carga contra el Gobierno de España