Piragüismo slalom
Los distintos remontes
Ciclismo
Lara Lois (Xesteiras) e Ángel Maneiro (Toxo) saborearon o pasado domingo en Vilagarcía uns triunfos absolutos que aínda non formaban parte das súas variadas cartas de éxitos ó ser primeiros no Campionato Galego de BTT Resistencia. A elite grovense e o elite noiés cruzaron xuntos a liña de meta cando o cronómetro marcaba 2 horas 52 minutos e 20 segundos.
Lara Lois foi a única muller que sumou nove voltas. Deste xeito, engadiu esta coroa a unha colección na que conta coas camisolas de Galicia de XCO, XCM e Estrada. A segunda posición feminina correspondeu á subcampioa elite Raquel Román (Extol-Zambora.es), con oito parciais e 49 segundos de vantaxe respecto á gañadora sub-23 Noa Rodríguez (Creto Bikes). O mesmo número de voltas asinaron a terceira elite Rebeca Muñoz (Xesteiras) e a cuarta. a viguesa Rebeca Fontela (Máis Que Bicis), separadas por 28 segundos, e a segunda clasificada sub-23, a porriñesa Laura Mira (Team Farto-BTC), sexta na táboa absoluta. Nas outras categorías de mulleres subiron ao máis alto a júnior Nerea Sánchez (Xesteiras), a máster-30 Amira Simón (Tríatlon Atlántico), a máster-40 viguesa Tamara Santos (VK Bikes) e a máster-50 Mónica Campagna (Ancares Bikes).
Maneiro impúxose con 11 voltas e 1:11 de marxe sobre Diego Álvarez (Podium Team) despois de rachar a carreira no quinto parcial. O porriñés Jorge Pérez (OdL Team) fixo quinto para gañar a medalla de ouro sub-23, a mesma que se colgou o júnior vigués Marco Núñez (Teis).
Na proba masculina por parellas, José Manuel Pintos (Cortizo) e o vigués Óscar González (Máis Que Bicis) dobregaron por 1:26 ós porriñeses Ismael González (OdL Team) e Jacobo Ucha (FCG). Por último, en cadetes, Pedro Cidrás (XSM) e o vigués Hugo Rodríguez (Teis) foron o dúo gañador, no seu caso tras dúas horas de competición.
Contenido patrocinado
También te puede interesar