Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
traiñeiras liga galega b
Quedaron atrás anos de penurias, de deambulear polos últimos postos das regatas e da clasificación da Liga Galega de Traiñeiras na súa segunda categoría. Coruxo navegou nas últimas tempadas polas profundidades do remo galego, pero este verán, a partir do sábado coa regata en Cangas, sairá a superficie.
"Volveron varios remeiros de calidade, temos un plantel máis amplo e a idea que temos é loitar polas tres primeiras prazas da clasificación que dan dereito a disputar o "play-off" de ascenso", recoñece o adestador do Club de Remo Coruxo, Fernando Coacu.
Non é para menos, a entidade de O Vao moveuse en tódolos frentes este inverno. Por unha banda, o club recuperou a remeiros históricos como Benjamín Vázquez ou David Serodio e chegou ó clube José Luis Méndez, igual que Vázquez, con experiencia en Liga ACT. Por outra banda, Coruxo realizou un importante investimento en material. "Compramos unha palamenta nova, que nos facía moita falla, ademais modificamos a traiñeira para facela máis manexable e reducir o peso", indicou Coacu, que tamén engadiu que "isto nótase, pero tamén é certo que se non tes uns bos remeiros detrás, non serve de moito". Neste punto o adestador é claro á hora de afirmar que "a pretempada saíunos mellor, temos que intentar loitar polo ascenso e o equipo formouse con ese plan. Con respeto hacia os outros, pero é a nosa idea e estamos ilusionados. Pero a Liga vai a estar moi competitiva e creo que estaremos un grupo de catro ou cinco equipo igualados"
Coacu engadiu que "hai moita ilusión nos remeiros e no clube, pero a inversión no tempo tamén é moito. Todo irán en función dos resultados, se saen os resultados estaremos contentos". E, nesta situación, o adestrador recoñece que "é a primeira vez que chegaremos á regata Concello de Vigo (20 xullo), que organizamos nós, con opcións de gañar. Isto é moi ilusionante".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Balonmano | División Oro
El Carballal busca en casa la tercera victoria de la temporada
Lo último
Menú de Navidad
Pescados y mariscos, a precios de récord en las plazas viguesas
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra