Baloncesto | Tercera FEB
El Novobasket cedió ante el Xiria en el último cuarto
traiñeiras
Mugardos acadou a bandeira perseguida durante toda a tempada. A tripulación da comarca de Ferrolterra, que partía como unha das favoritas ó título, estivo lonxe durante a tempada dun Amegrove intocable pero onte logrou levantar a primeira bandeira do ano na Bandeira Parquistas de Carril.
Nunha proba desputada diante das praias con maior tradición marisqueira de Galicia, a organización tivo que cambiar a regata tras padecer problemas cos regos. Finalmente, optouse por facer un triángulo e as traiñeiras tiñan que desputar unha contrarreloxo nunha tarde de choiva débil e mar en calma. Nestas condicións, Mugardos sorprendeu a unha tripulación de Amegrove que ten un ollo posto no final de tempada e na desputa do "play-off" de ascenso á Liga ACT San Miguel.
A tripulación coruñesa estableceu o mellor tempo na primeira ceavoga, pero na segunda foi Ares a que metía a súa proa na cabeza da regata. Neste punto, transitaban tres traiñeiras no mesmo segundo polo que a proba estaba a ser a de maior igualdade en todo o curso dentro da primeira categoría da competición autonómica.
Na metade da regata, Mugardos regresou ó primeiro posto con Ares a dous segundos e Amegrove a catro. As posicións parecían consolidarse pero aínda quedaban moitos metros por recorrer. O líder da competición parecía ceder de forma definitiva na cuarta referencia de paso, pero nese intre acelerou o ritmo para situarse a un segundo de Ares antes do esforzo final. Os grovenses recuperaron un posto, pero pasaron cun retraso de tres segundos sobre Mugardos pola baliza de chegada.
Primeira vitoria do ano para a traiñeira de Ferroltera mentres que a viguesa de Coruxo viviu un novo capítulo na súa loita con Puebla pola cuarta posición na regata e na clasificación xeral da Liga Galega A.
Como noutras xornadas na competición autonómica, a "Fontaíña" perdeu esta loita particular por unha marxe escasa, neste caso de dous segundos, e a diferenza entre as dúas tripulacións e de catro puntos.
A Liga Galega A descansa ata a vindeira semana, coas probas de Bueu e Ares, que pecharán a tempada na competición doméstica. Na primeira cita, Amegrove podería certificar o título.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Baloncesto | Tercera FEB
El Novobasket cedió ante el Xiria en el último cuarto
Voleibol | Superliga 2
El Club Vigo gana en casa sin Joel Ortega
Balonmano | División de Honor
El Porriño enlaza cuatro derrotas tras caer con claridad ante el Elda
Balonmano | División de Honor
El Guardés se crece para ganar al Bera Bera
Lo último
La Iglesia, con la crisis de la vivienda
Un hogar temporal para mujeres y madres: “Fue mi salvación”
La Iglesia, con la crisis de la vivienda
Un espacio cedido por la iglesia, convertido en lugar seguro para menores
La Iglesia, con la crisis de la vivienda
La Diócesis Tui-Vigo aumenta sus viviendas en alquiler al reformar casas rectorales