Baloncesto | Tercera FEB
El Novobasket cedió ante el Xiria en el último cuarto
CICLISMO
A alcaldesa de Mos e senadora, Nidia Arévalo, participou onte na xornada institucional celebrada no Senado con motivo do 90 aniversario de La Vuelta Ciclista a España, onde destacou a importancia da chegada dunha etapa ao concello de Mos como exemplo de dinamización local a través do deporte, o turismo e a proxección territorial.
Nidia Arévalo interveu na mesa redonda titulada “Cicloturismo, territorio y más allá de La Vuelta” e na súa intervención, salientou a traxectoria do municipio como concello dinamizador, cun forte compromiso co deporte base e co impulso de eventos que contribúan ao desenvolvemento económico, social e cultural do territorio. Sinalou tamén o valor engadido que supón que O Camiño de Santiago na súa vertente portuguesa atravese o Concello de Mos. “A chegada de La Vuelta a Mos é unha oportunidade única para amosar ao mundo o noso potencial como destino turístico, deportivo e humano. Somos un concello dinámico, con xente comprometida e cun territorio que ofrece todas as condicións para vivir e gozar do ciclismo de forma sostible”, destacou Arévalo.
A alcaldesa sinalou tamén que a etapa de La Vuelta que finalizará o vindeiro 9 de setembro no Castro de Herville, correspondente á etapa 16ª desta edición (Poio-Mos, de 172 quilómetros e catalogada de media montaña), non só terá impacto deportivo, senón tamén económico, xa que se agarda unha gran afluencia de visitantes, medios de comunicación e equipos deportivos, o que suporá unha importante inxección para o comercio local, a hostalaría e os servizos. Ademais, apuntou que desde o Concello xa se está a traballar na organización dun programa de actividades paralelas para que toda a veciñanza viva esta cita como unha festa colectiva.
Con esta etapa do próximo 9 de setembro, Mos segue a manter a súa especial relación coa ronda española nos últimos anos. En 2020 fora saída duna etapa que rematou en Pobra de Sanabria, acollendo en 2021 outra etapa que arrancara en Sanxenxo e rematou tamén no Castro de Herville. Cabe destacar tamén que Javier Guillén, director xeral de La Vuelta-Unipublic, será un dos valedores da Festa da Rosa deste ano.
A xornada, organizada polo Senado de España, a Fundación Deporte Joven e Unipublic, reuniu a destacadas voces do ámbito institucional, deportivo e turístico para reflexionar sobre o papel de La Vuelta na vertebración do territorio, a promoción do cicloturismo e o impulso do deporte.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Baloncesto | Tercera FEB
El Novobasket cedió ante el Xiria en el último cuarto
Voleibol | Superliga 2
El Club Vigo gana en casa sin Joel Ortega
Balonmano | División de Honor
El Porriño enlaza cuatro derrotas tras caer con claridad ante el Elda
Balonmano | División de Honor
El Guardés se crece para ganar al Bera Bera
Lo último
La Iglesia, con la crisis de la vivienda
Un hogar temporal para mujeres y madres: “Fue mi salvación”
La Iglesia, con la crisis de la vivienda
Un espacio cedido por la iglesia, convertido en lugar seguro para menores
La Iglesia, con la crisis de la vivienda
La Diócesis Tui-Vigo aumenta sus viviendas en alquiler al reformar casas rectorales