campus inclusivo
García Chillón Orlando organiza un campus inclusivo en Nigrán
TAEKWONDO
Tania Castiñeira (+73, Hebe) acadou o ouro o pasado domingo no Open de España de taekwondo que se disputou en La Nucía, onde Galicia conqueriu tres metais máis. A moañesa arrincou a competición ante Ainhoa Pastor (Madrid) nos cuartos de final e gañou en dous asaltos. Na semifinal, enfrontouse á mexicana Paloma García e o combate tamén rematou en dous rounds. Xa na final, esperaba a estadounidense Hannah Keck. Foi un combate duro que ademais se puxo costa arriba, xa que Keck venceu no primeiro asalto por 2-0. Pero a morracense non se descompuxo e remontou, gañando os dous seguintes asaltos e logrando así a medalla de ouro.
O resto de podios galegos foron o ouro de Iván García (+87, Mat´s) e os bronces de Alma Pérez (-53, Boiro) e de Arlet Ortiz (-62, Mat´s). Unha boa colleita en La Nucía.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
campus inclusivo
García Chillón Orlando organiza un campus inclusivo en Nigrán
balonmano
El inicio de 16 días fantásticos
piragüismo | copa del mundo
De Hungría a Los Ángeles
Lo último