LUCHA OLÍMPICA
As Travesas, epicentro de la lucha olímpica nacional
Ciclismo
Chegou ó final da carreira, pero non é o mesmo que rematar a estrada. Aínda quedan moitos quilómetros por percorrer, pero xa non será coa presión de ir rápido, coa necesidade de medir os gramos e a cantidade de grasa do corpo, con control da maquiniña dos watios e observar como responde o pulso. Delio Fernández Cruz, o ciclista profesional moañés, anunciou onte a retirada ós 39 anos de idade porque carecía da motivación necesaria para seguir correndo.
“Nunca pensei que aquel neno de 7 anos que facía gincanas chegaría a dedicarse durante 18 anos ó ciclismo profesional. E chegou o momento de parar… O ciclismo esixe estar ó 100% física e mentalmente e levo un tempo sen conseguilo. Síntome afortunado por todo o que me deu o ciclismo e pola xente que me fun atopando ó longo deste camiño. Quero agradecer todo o apoio recibido durante este tempo, en especial á familia, que me acompañou nos bos e malos momentos e sen eles non sería posible este largo camiño”, escribiu o morracense nas súas redes sociais.
O moañés pasou ó profesionalismo na ilusión do Xacobeo Galicia, aquel proxecto de equipo galego que tanta ledicia deu a afección e que a súa desaparición foi un golpe duro para este deporte a nivel autonómico ata o punto de que aínda marca. Fernández foi dos poucos que atopou un sitio e o fixo no ciclismo portugués, no que comezou dende abaixo para ser unha estrela ó sur do Miño. O cuarto posto na xeral e as dúas etapas na Volta Portugal de 2015 permitíronlle pasar ó ciclismo internacional no Delko Marseille. Durante máis dun lustro foi o único galego nun equipo deste nivel. Auténtica referencia e, nalgún ano, líder do seu equipo co que acadou un triunfo na Volta a Austria (2017).
Regresou a Portugal para enrolarse no Tavira dende 2022 e alí volveu á rutina de facer as mellores carreiras ó sur do Miño con novos triunfos. O último quedará como un símbolo porque foi no teito luso, no mítico Alto da Torre en agosto de 2023. Fotografía que será para o recordo dunha carreira notable, traballada e con perseveranza ata os 39 anos. Remata por decisión propia. Galicia non ten equipo, pero si unha carreira profesional, O Gran Camiño. Foi a súa penúltima carreira, pero a bicicleta sigue como afección e, posiblemente, como futuro. Ten a licenza de director.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LUCHA OLÍMPICA
As Travesas, epicentro de la lucha olímpica nacional
DIVISIÓN DE HONOR
Otro pulso directo perdido
JUEGOS OLÍMPICOS DE JUVENTUD
Iris Santana impulsa a las Guerreras a la final en Dakar