Baloncesto | Tercera FEB
El Novobasket cedió ante el Xiria en el último cuarto
Ciclocrós
O Campionato de España de Ciclocrós 2026 pechouse onte con catro carreiras e en todas elas houbo presenza galega no ‘Top 6’. O mellor resultado da nosa comunidade na clausura do evento celebrado en Tarancón (Cuenca) rubricouno Lorena Patiño. A marinense obtivo o seu cuarto título consecutivo nesta modalidade, o primeiro na categoría sub-23, e outorgoulle á selección de Galicia unha segunda medalla de ouro despois da conquistada na véspera polo cadete Pedro Cidrás, tamén veciño de Marín. Pola súa banda, o ponteareán Miguel Rodríguez rematou quinto noutra vitoria de Felipe Orts en categoría elite masculina.
Campioa de España cadete no 2023 en Vic, júnior no 2024 en Amurrio e no 2025 nas Pontes, a ciclista da estrutura Misser Project confirmou na súa estrea como sub-23 que o futuro do ciclocrós feminino español está nas súas pernas. Ademais de acadar a coroa da súa categoría, Lorena Patiño fixo cuarta na clasificación absoluta a 47 segundos de Sofia Rodríguez (Nesta), a gañadora elite no rápido trazado conquense. Un excepcional rendemento ao que non lle afectou nin un contratempo mecánico.
O termómetro marcaba 1°C cando se deu a saída no circuíto da Ermita de la Virgen de Riánsares. Antes de rematar a primeira das seis voltas, a representante da Selección de Breogán adiantou a Marta Beti (Cantabria) e situouse como primeira sub-23. A progresión de Patiño non quedou aí. Despois de soltar á súa acompañante, reduciu ao mínimo a desvantaxe coa terceira e a cuarta elite, pero xusto cando ía contactar con Sara Cueto (Unicaja Gijón) e Alicia González (Nesta-MMR) saíuselle a cadea. A galega tivo que baixarse da bicicleta para arranxar a avaría. Durante ese momento de tensión non perdeu ningún posto e no seguinte parcial superou a Alicia González.
Rodando en solitario como cuarta clasificada, a líder sub-23 moveuse en tempos similares ás tres primeiras e a última volta iniciouna a 25 segundos da cabeza de carreira. Nese xiro final lanzou o seu ataque por diante a valenciana Sofía Rodríguez, que logrou revalidar o título elite con 16 segundos de marxe respecto á asturiana Lucía González (Nesta-MMR). Patiño, que cruzou a liña de meta a 16 segundos de Sara Cueto, avantaxou en 54 á segunda sub-23, a Ana López (Aragón). Pola súa banda, a elite Irene Trabazo, a outra corredora da Selección de Galicia nesta proba, finalizou sétima na súa categoría e 12ª na táboa absoluta.
Outro galego que esta temporada subiu de categoría estivo entre os mellores na carreira elite masculina. Miguel Rodríguez (Supermercados Froiz), campión sub-23 o ano pasado nas Pontes, realizou unha gran saída e conduciu o pelotón durante boa parte da primeira volta. A partir de aí, lanzou a súa ofensiva o valenciano Felipe Orts (Ridley) para proclamarse campión por oitava vez na carreira raíña e o ponteareán moveuse entre a cuarta e a oitava posición. Aos últimos metros chegou formando parte dun trío que se xogou a ‘medalla de chocolate’. Nun esprint de ‘photo finish’, impúxose o cántabro Ismael Esteban (Logos Energía-BH) por diante do galego, que concluíu quinto. Xunto a eles entrou Miguel Díaz (Madrid).
O vigués Samuel González, coas cores de Galicia, meteuse entre os dez primeiros ao terminar décimo. O ‘maillot’ do conxunto autonómico tamén o defendeu o ponteareán Borja Gómez, un ano máis exercendo de capitán da ‘selección de Breogán’ e dando unha lección de inclusión.
A derradeira xornada en Tarancón comezou probas para juniores sobre un circuíto xeado. Tanto na feminina como na masculina, o combinado dirixido polo seleccionador José Alberto del Río apuntouse o sexto posto. Alejandra Neira quedouse a 38 segundos do podio nunha carreira que Xiana Seijo completou na 13ª posición. En canto aos mozos, Marcos Rodríguez encabezou a actuación galega, a 1 segundo do bronce, mentres que José Manuel Pintos e Lucas Lozano ocuparon a 19ª e a 37ª praza. Entre eles finalizou Pedro Liaño (Cortizo), 24º, e Xián Rodríguez clasificouse 40º.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Baloncesto | Tercera FEB
El Novobasket cedió ante el Xiria en el último cuarto
Voleibol | Superliga 2
El Club Vigo gana en casa sin Joel Ortega
Balonmano | División de Honor
El Porriño enlaza cuatro derrotas tras caer con claridad ante el Elda
Balonmano | División de Honor
El Guardés se crece para ganar al Bera Bera
Lo último
La Iglesia, con la crisis de la vivienda
Un hogar temporal para mujeres y madres: “Fue mi salvación”
La Iglesia, con la crisis de la vivienda
Un espacio cedido por la iglesia, convertido en lugar seguro para menores
La Iglesia, con la crisis de la vivienda
La Diócesis Tui-Vigo aumenta sus viviendas en alquiler al reformar casas rectorales