Baloncesto | Tercera FEB
El Novobasket cedió ante el Xiria en el último cuarto
Ciclocrós | Campionato de España
Aló por 2021, Miguel Rodríguez proclamouse campión de España júnior. Só contaba con 17 anos, pero xa tiña claro de que ía ó conto: “Home, é que se non che gusta o lameiro, mellor que non te adiques ó ciclocrós”. Catro anos pasaron e o ponteareán seguiu a bulir enriba da bici. A medrar cada inverno. A artellar o futuro, demarraxe a demarraxe. Así ata que onte elevou a súa categoría. Volve ser campión estatal, pero desta volta sub-23, no seu derradeiro ano antes de pasar a Elite.
Non se contentou só con gañar o recente campión galego absoluto -foi profeta na súa terra a semana pasada en Ponteareas-. Sinxelamente, o corredor do Condado arrasou. No enlamado circuíto das Pontes, puxo o espectáculo na carreira sub-23 de principio a fin. Cando quixo e como quixo. Migui chegou cun excelente pico de forma despois de pasar o Nadal correndo contra os mellores do mundo en Bélxica. E, inda que fora por velo ó lonxe, algo se lle pegou de Van der Poel. Porque o ciclista do Froiz empregou como quecemento o xiro inicial. Ata que, a poucos metros do primeiro paso por meta, demarrou. “Vémonos no podio”, parecían dicir as costas do ponteareán mentres gañaba metros.
O resto da carreira foi unha modalidade que non existe en ciclocrós: contrarreloxo individual. Rodríguez deslizaba a bici polas fochancas coma se fose un velódromo olímpico. Tirando de potencia, mais tamén de habilidade para levar a súa montura con harmonía nun perfecto trebellar de pernas, brazos, ombreiros e rils. Esforzo compartido. A vantaxe non facía máis que medrar ata o punto de que a última volta foi para gozar. “¡Vamos, Migui!”, berrábanlle nas curvas. Porque, inda que sexa 200 quilómetros ó norte, As Pontes segue a ser Galicia. Segue a ser casa. E nunha contradicción marabillosa, o ciclista do Condado entrou en meta irradiando luz con lama ata nas ceixas.
O Súper Froiz celebrou un doblete con Raúl Mira, campión do ano pasado, entrando na segunda posición a 1:15 do seu compañeiro. O vasco Gorka Corres chegou pouco despois para amarrar o bronce. O miñorano Anxo Carril foi décimo cuarto. Pero por diante de todos, o príncipe da fochanca.
O resto do día deixou como actuacións sobranceiras as da porriñesa sub-23 Aroa Otero -quinta- e do vigués Samu González, que rematou noveno na proba raíña, na que o valenciano Felipe Orts proclamouse campión de España por sétima vez para quedarse só como corredor con máis cetros. O ciclista olívico pechou a clasificación dos que completaron as seis voltas sen seren doblados polo levantino, auténtico caudillo do ciclocrós español.
O mellor galego foi o alaricano Iván Feijoo, a sete minutos do vencedor, que subiu ó podio acompañado do catalán Jofre Cullel e do asturiano Mario Junquera. O porriñés Luis Fernández foi undécimo, xusto por diante do ponteareán Miguel Porto.
Na carreira feminina, Aroa Otero acadou un meritorio quinto posto sub-23 e a condición de mellor galega absoluta. A porriñesa estivo ben, mais non tivo opcións de podio. Menos aínda a súa veciña Laura Mira, campiona galega a semana pasada, que non se atopou nada nen nas Pontes. Rematou no fondo da táboa, a carón da veterana Chus Barros. A campiona de España absoluta foi Sofía Rodríguez. Entre as sub-23, gobernou a cántabra Marta Beti.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Baloncesto | Tercera FEB
El Novobasket cedió ante el Xiria en el último cuarto
Voleibol | Superliga 2
El Club Vigo gana en casa sin Joel Ortega
Balonmano | División de Honor
El Porriño enlaza cuatro derrotas tras caer con claridad ante el Elda
Balonmano | División de Honor
El Guardés se crece para ganar al Bera Bera
Lo último
La Iglesia, con la crisis de la vivienda
Un hogar temporal para mujeres y madres: “Fue mi salvación”
La Iglesia, con la crisis de la vivienda
Un espacio cedido por la iglesia, convertido en lugar seguro para menores
La Iglesia, con la crisis de la vivienda
La Diócesis Tui-Vigo aumenta sus viviendas en alquiler al reformar casas rectorales