Mera mete a traiñeira entre os galos da Liga Galega na Coruña
bandeira teresa herrera
Mecos Mondariz proclámase campioa da Liga Galega Feminina
A bandeira Teresa Herrera, unha competición histórica do remo galego, viviu onte a xornada eliminatoria nas augas da Coruña sen sorpresas. As traiñeiras da Liga Galega A pasaron se forma masiva á final de hoxe e soamente Mera, campioa da segunda categoría, tivo capacidade para meter o barco entre os dez primeiros. Pola súa banda, Chapela pechou o grupo de escollidos para vogar hoxe.
Puebla regresou onte ó seu mellor nivel e, na regata clasificatoria do Teresa Herrera, aproveitou para gañar a Samertolameu de Meira tras moitas semanas sen poder superar á traiñeira domiñadora da competición autonómica esta tempada. O barco do Barbanza liderou a regata dende o primeiro longo cunha clara superioridade sobre os seus rivais mentres que os pupilos de Dani Pérez Fandiño subiron a velocidade na segunda metada da regata para evitar caer na clasificación. Oito segundos separaron ás dúas embarcacións.
Por detrás, chegou a habitual igualdade da Liga Galega. Onte a proba non era puntuable en homes, pero foi Castropol a traiñeira que marcou o mellor tempo entre a clase media da Liga Galega. Bueu foi cuarto e Coruxo realizou unha das mellores regatas do ano coa quinta posición que lle permite hoxe (11:30) saír na quenda de honra. Deberá evitar a última posición entre as mellores embarcacións para refrendar a boa regata de onte.
Chapela salvou a regata ó asinar a décima posición, mentres que Mera, da Liga Galega B, superou a embarcación de Redondela para rematar na novena praza. Hoxe competirá ante os equipos cos que terá que vogar o vindeiro ano xa que acadou o ascenso á máxima categoría.
Liga Galega Feminina
Na competición feminina, a regata da Coruña repartía puntos para a clasificación xeral da competición e viviu unha nova vitoria de Mecos Mondariz, que xa é a campioa da presente tempada. O barco grovense -formado por remeiras de varias entidades- domiñou con facilidade a competición. Chapela foi cuarta onte e é terceira na xeral.
Ascenso e descenso
Mugardos, segundo da Liga Galega B, e Perillo, último da primeira categoría, disputaron onte a primeira regata do "play-off". O barco de Ferrolterra domiñou con claridade e hoxe pode confirmar o ascenso.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
voleibol
Dificultades lejos de Coia
baloncesto/liga challenge
El Celta descarta a Thomas y busca una alero física