Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Traiñeiras
O manual das boas prácticas saudables din que se debe comer a modo, sen presa, para que a dixestión sexa mellor. Mais, cando se ten gana de comer, non sempre é doado ir polo bo camiño. E Samertolameu de Meira ten fame. Moita fame. Con voracidade, chancho a chancho, foi quen de recurtalle nove puntos a Santurtzi en dúas fins de semana. Os últimos tres, onte en Lekeitio, cunha boa actuación que deixou a súa rival directa última, con Kaiku no medio dos dous.
Inda puido ser mellor. Só 40 centésimas separaron “A Terca” de superar a Cabo da Cruz. É dicir, de darlle outro chancho á clasificación en forma dun punto máis. Pero, para ser xustos, tamén hai que dicir que Kaiku derrotou a Santurtzi por tan só 26 centésimas. Un suspiro. Así, que unha cousa por outra. Nin tan mal.
O barco moañés vogou na primeira quenda e adaptouse ben ás condicións de mar brava que onte reinaban en Lekeitio. De feito, moi cedo deixou lonxe a Santurtzi, sempre en distancias sobre os seis segundos. O bote local, pola súa banda, escapou para amosar a súa superioridade nun turno que non adoita a ser o seu. Así, o interesante era ver a resolución do man a man entre Meira e Ondarroa. A embarcación vasca levou a iniciativa, pero no último longo, Samertolameu achegouse entrando no seu rego. O patrón da “Antiguako Ama” pechoulle o paso e a empopada. Nese intre, Jacobo Gayo puido meterlle o barco por dentro nunha manobra moi arriscada, que preferiu non facer. Así as cousas, “A Terca” rematou terceira da súa quenda. Kaiku, na segunda, quedou por detrás e completou outra regata de recurte sobre Santurtzi.
Na loita dos máis fortes, Urdaibai volveu amosar que é o rei de reis. O bote de Bermeo gañou con todavía máis superioridade que o sábado. Un dominio aplastante durante toda a quenda de honra, na que a Zierbena do técnico moañés Dani Pérez foi quen de ser terceira. Hondarribia, cuarta, comeza a ver como escapan todas as posibilidades de ser campiona -queda a seis puntos-. A Donostiarra, que vogou na segunda quenda, rematou na segunda posición da Bandeira.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Balonmano | División Oro
El Carballal busca en casa la tercera victoria de la temporada
Lo último
Menú de Navidad
Pescados y mariscos, a precios de récord en las plazas viguesas
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra