Meandros de vitoria para o Remo Miño
Remo
O club tudense destaca na Regata Miño Internacional, que contou con 37 barcos
A Regata Miño Internacional é unha veterana no mundo do remo. Onte chegou á 45ª edición e, vista a participación, goza dunha boa saúde porque competiron 37 embarcacións cun total de 238 remeiros de categoría sénior e veteranos, que cubriron unha distancia de 6.000 metros. Neste contexto, o club anfitrión do Remo Miño destacou, pero dentro dunha xornada con vitorias repartidas e varios barcos mixtos que fala da colaboración entre entidades.
A proba raíña do día, o barco de oito compoñentes, viviu a vitoria do Fluvial Portuense (21:16.87) por diante do Remo Miño que tivo na tripulación ó olímpico moañés Rodrigo Conde, que deixouse nove segundos, e do Chapela, que xa deceu medio minuto. En mulleres, a embarcación máis rápida foi a composta polo Remo Miño e o Náutico de Sevilla (25:18.76). Superou ó San Felipe e ó Fluvial Portuense por unha marxe ampla. En veteranos triunfou o Remadores do Lima (22:13.11) en homes e en mulleres soamente estivo en competición un barco con remeiras de cinco clubs portugueses.
Na proba de catro compoñentes con timonel, o Remadores do Lima (26:58.67) superou por máis dun minuto á tripulación mixta do Tui-Tirán e o Mar de Noia. En homes, o Remo Miño acadou a primeira praza (25:09.03) por diante do Mar de Noia e da Colectividade Popular Cacia nun día frío e moita auga no río.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Balonmano | European Cup
El Guardés, entre la filosofía propia y romper las cadenas
Fútbol sala | Segunda División
El Bembrive gana en casa para aferrarse a la quinta plaza