Os mariachis puxeron a burla ante o eterno rival en Barreiro
segunda división b
O Celta esgotou ás 300 localidades dispoñibles para o partido
Foron trescentas localidades pero serían 3.000 se o chega a permitir a situación sanitaria. O ambiente na visita do Deportivo a Barreiro foi quente, con cartelería, balcóns adornados, pintadas e ata un trío de mariachis contratado por un grupo de seguidores do Celta para cantar o 'Canta y no llores' á chegada do equipo coruñés o campo de fútbol do barrio de Lavadores. A escenificación estivo acompañada por un ataúde.
Como sucede nos momentos quentes, tamén acudiron os antidusturbios para tratar de conter ós alporizadores que foron ás inmediacións do campo para buscar lea. Houbo algúns célticos e tamén deportivistas, descubertos polo berros de "Vigo, non". Tamén escoitáronse uns minoritarios, "A Terceira, oé". Moito ruido no exterior do campo e un pouco menos dentro, onde predominaron as cantigas de apoio ós propios, ó Celta. Entre elas estivo o himno cantado polos seguidores na saída do equipo sen contar con apoio musical. Non faltaron os asubíos a algún rival e a venda de bufandas conmemorativas do evento co lema 'OnoBoderbi'.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
tenis en silla
De la Puente seguirá junto a Róber Rodríguez
Fútbol | segunda federación
El Coruxo obtiene la cesión de Pelayo García hasta fin de curso