Baloncesto | Tercera FEB
El Novobasket cedió ante el Xiria en el último cuarto
ciclocrós
Nigrán é un deses lugares nos que a marea sube e baixa porque ten praias e peiraos. De cando en vez, este movemento dauga ‘traga’ algún coche aparcado onde non debería, pero o que pouca xente sabe é que a marea pode subir en terra e que hai portos en terra no cocello do Val Miñor. Así sucedeu onte no interior porto do Molle, que viviu un particular crecemento do nivel de auga, pero da doce, a da choiva. E, en lugar de ‘tragar’ as bicicletas, o que fixo foi enlamalas un pouco, que é parte da maxia do ciclocrós. Condicións para a vitoria do ponteareán Miguel Rodríguez, a referencia galega dos últimos anos, e de María Filgueiras, do XSM marinense.
A particular xornada de preamar tivo a un total de 224 ciclistas-peixes entre todas as categorías e o primeiro salmón en remontar o trazado para chegar a meta foi un corredor de Ponteareas que tamén é especialista nas probas con barro. Superou en medio minuto ó vigués Samuel González, que situase líder da Copa Galicia porque Ricardo Buba non pasou da sexta praza. Iso si, a cabeza vai compartida con Anxo Carril, do Coruxo, que foi terceiro en Nigrán. Boas novas para o club organizador do evento. Entre os sub-23, Raúl Puelles superou ó propio Ricardo Buba, que foi sexto e segundo no seu grupo de idade.
A competición feminina tivo mando das ciclistas menores de 23 anos e María Filgueiras, do XSM marinense superou por catorce segundos á macedá Sarela Conde, que lidera a xeral da Copa Galicia. Iria Nieto, do Oiense, foi terceira, primeira élite e tamén sitúase na cabeza da táboa no seu grupo de idade por diante da incombustible porriñesa Chus Barros, sexta onte no lameiro nigranés.
As categorías inferiores abriron a xornada de ciclocróss e os pequenos libraron os momentos de marea máis alta porque o forte da choiva chegou ó mediodía. Os gañadores foron Joao Vigario (Domarsa) e Xiana Santos (Betanzos), en xuvenil; Pedro Cidrás (XSM) e Vega Aldrey (Cambre), en cadetes; e Jorge Martín (Avanza O Porriño) e Uxía Giráldez (Avanza O Porriño), en infantís.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Baloncesto | Tercera FEB
El Novobasket cedió ante el Xiria en el último cuarto
Voleibol | Superliga 2
El Club Vigo gana en casa sin Joel Ortega
Balonmano | División de Honor
El Porriño enlaza cuatro derrotas tras caer con claridad ante el Elda
Balonmano | División de Honor
El Guardés se crece para ganar al Bera Bera
Lo último
La Iglesia, con la crisis de la vivienda
Un hogar temporal para mujeres y madres: “Fue mi salvación”
La Iglesia, con la crisis de la vivienda
Un espacio cedido por la iglesia, convertido en lugar seguro para menores
La Iglesia, con la crisis de la vivienda
La Diócesis Tui-Vigo aumenta sus viviendas en alquiler al reformar casas rectorales