A mal tempo, chourizada
BTT
Ó redor de 120 ciclistas participaron onte na marcha BTT Chourizada de Oia que tivo nenos e adultos polo monte do concello miñoto nunha matinal con vento e algo de choiva
Chuvasqueiros de todas as cores, roupa términa, medias longas, pantalón ata os xeonllos, coletes… Cando o ciclismo ten todo este tipo de prendas é que na xornada vai frío, con vento e algo de choiva. Con toda esta colección de roupa presentáronse os 120 de deportistas que onte participaron na marcha cicloturista Chourizada de Oia, que percorreu os montes deste concello miñoto e que estivo marcada pola dureza debido ó esvaradío do terreo que, por moitos momentos, converteuse en lameiro.
A saída, como é habitual ó lado do mosteiro, xa adiviñaba un día de dificultade porque as nubes parecían dar unha aperta á montaña por onde tiñan que ascender os participantes. Como é habitual, o fixeron pouco a pouco, cada un ó seu ritmo. Algúns quixeron ir forte e outros amodo, en grupo, ou cos familiares porque varios colectivos eran de maiores con fillos. Soamente as costas deixarían ver se tiveron que esperar os adultos ou os cativos.
En todo caso, tras o esforzo, tanto da proba longa (38 kms.) como da curta (32) polos montes de Mougás, Oia e Viladesuso, a recompensa na meta era ben saborosa porque, como indica o nome, un chourizo quente en pan esperaba a todos os que remataban. Se habitualmente este alimento é un verdadeiro manxar, cando se toma despois de tres ou catro horas no medio do mal tempo polo monte, é unha auténtica delicia. Nin o caviar chega a tal nivel de pracer.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Accidente ferroviario
Accidente de tren de Adamuz: el Iryo empezó a descarrilar en un tramo de vía sin renovar