Máis de 800 deportistas no torneo “O Noso Club” de O Porriño
Balonmán
A cita, que pecha a tempada 2025-2026 nas categorías benxamín e alevín, congregará 165 equipos de toda Galicia nunha intensa xornada deportiva con dez pistas de xogo e actividades complementarias para participantes e familias
O Porriño acollerá este domingo a celebración do Torneo “O Noso Club”, unha iniciativa impulsada pola Federación Galega de Balonmán xunto á Deputación de Pontevedra, en colaboración co Concello do Porriño, que servirá como peche da tempada 2025-2026 para as categorías benxamín e alevín.
Preto de 800 deportistas participarán nunha xornada que contará con 165 equipos procedentes das catro provincias galegas. Cada conxunto disputará entre catro e cinco encontros de dous tempos de dez minutos, repartidos en dez pistas de xogo (seis interiores e catro exteriores) na contorna do Pavillón Municipal do Porriño entre as 10:00 e as 18:30 horas.
Ademais, a rúa Doantes de Sangue permanecerá pechada ao tráfico para facilitar un ambiente festivo no que haberá música, zonas de sombra e fontes en previsión da calor.
Contenido patrocinado
También te puede interesar