De maiores (Chapela) e cativos (Tirán)
Bateis
Chapela, con dúas vitorias e seis podios, e Tirán, tamén con dous títulos, destacan no Galego de bateis disputado ó completo onte en dobre sesión nas augas da localidade de Bueu
Vigo/ Domingo de regatas e máis regatas. O Campionato Galego de bateis tivo que concentrarse nunha única xornada, que estivo dividida en sesión matinal con eliminatorias e de tarde coas finais, o que importa. Nelas destacou Chapela coas vitorias sénior e Tirán Pereira, que apañou dous triunfos. O particular liderado foi para Cabo da Cruz, que obtivo catro títulos con sete podios, un máis que o club ‘berete’.
Entre os maiores, Chapela (8:58.90) tivo que vogar e moito porque viviu unha fermosa regata man a man con Cabo da Cruz, que se decantou polo barco de Juan Zunzunegui -no dobre papel de remeiro e adestrador- por 1.30 segundos. Vilaxoán completou o podio.
En mulleres, a primera posición das beretes (9:58.35) resultou contundente porque cruzou a liña de chegada con 14 segundos de renda sobre Vilaxoán. O barco do paseo de Cardona apunta ó podio no Estatal de esta fin de semana en Castro Urdiales.
Vila de Cangas e Robaleira, do sur de Galicia, tamén pecharon a xornada cunha vitoria no certame autonómico
Entre as categorías inferiores, destacou Tirán, que obtivo dous títulos. O cuarteto sub-23 (9:25.90) superou en cinco segundos a Bueu, con Samertolameu pechando o podio. Tamén acadou a primera praza co seu barco cadete (6:48.08). Nesta ocasión, por diante de Mecos.
No referente ós clubs do sur do Galicia, outros dous barcos obtiveron a bandeira da Federación Galega. As sub-23 de Robaleira (10:16.52) amosaron o seu habitual mando tras un inverno algo irregular para superar a Chapela en nove segundos. Pola súa banda, Vila de Cangas meteu ó seu barco infantil masculino (4:55.64) na primera posición, con oito segundos de renda sobre Puebla.
Todo isto pasou nun certame autonómico marcado pola choiva matinal, que despois deu paso ó vento do oeste, que marcou as primeiras finais da sesión de tarde e que obrigou a unha parada para poñer en liña as balizas exteriores. Co paso das horas, volveu a calma e os homes de máis idade vogaron nunhas condicións de moita velocidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar