Atletismo
Mos corre contra el cáncer
Piragüismo
O río Tea baixa rápido e revolto estes días tras a moitas choivas do inverno e, entre o sábado e onte, albergaron ó seu paso por Mondariz Balneario a primeira dobre cita da tempada da Copa de España de slalom. Alí acadou unha vitoria o salcedense Luis Fernández, que leva uns meses adestrando neses rápidos para tentar regresar ó seu mellor nivel e volver á selección española. Loitará por iso en dúas semanas e chegará coa confianza dos bos resultados. Tamén tocaron podio o tomiñés Manu Ochoa e o vigués Axel Afonso.
Na canoa, Luis Fernández asinou a terceira posición o sábado, nunha final na que cometeu unha penalización e na que se impuso Mikel Imaz con 86.66, dous segundos de renda sobre o palista do Miño Teixugos. A primeira posición chegou na cita de onte sobre un recorrido máis lento, no que Luis Fernández asinou 98.20. Imaz deixouse 2.18. En todo caso, o vasco lidera a Copa de España pola suma das dúas xornadas.
Na proba de K1 chegaron o resto de boas novas para a delegación galega. O tomiñés Manu Ochoa foi terceiro o sábado ó deixarse 1.52 sobre Miquel Farrán (80.02). O domingo, Ochoa quedou cuarto, pero tocou o podio Axel Afonso -prata- ó ceder 1.73 con Manuel Contreras (89.16). Nesta baixada deuse a circunstancia de que o representante do Tea Mondariz organizador asinou o mesmo tempo que Faust Clotet.
O evento congregou a 195 palistas en Mondariz Balneario nunha cita que abriu a Copa de España. Como é habitual, a cita deixou imaxes moi fermosas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último