O Kae Sport brilla en Tomiño con sete medallas
Taekwondo
El TKD Cangas levou catro metais; o Hebe moañés dous; e o Tao e o Budo Castrelos, un cada un
O pavillón de Goián, en Tomiño, converteuse onte no epicentro do taekwondo en Galicia ó exercer de sede para o Galego de combate, que se disputou ó longo do día cun cento de deportistas e ata oito categorías distintas, en función do peso dos competidores.
O Natural Sport de Ribeira foi o gran dominador da cita. Ata 14 medallas marcharon cara o Barbanza onte, tres delas de ouro. A partires daí, o botín estivo moi repartido. No que respecta ó área viguesa, o clube máis sobranceiro foi o Kae Sport, que acadou sete metais nos pescozos dos seus deportistas. Carla Álvarez proclamouse campiona galega no P8 -as categorías van do 1 ó 10, sendo 1 máis lixeira e 10 máis pesada-. Adrián Davila apañou a prata en P1, división na que Mario Faro, Raquel Morell e Vanesa Roo penduráronse sendos bronces. Mesmo metal que Dani Álvarez (P4) e Edgar Batista (P6), que completaron a colleita da entidade viguesa.
O TKD Cangas foi quen de conquistar catro medallas na cita miñota. Adrián Valladares e Naima Pérez remataron segundos na categoría P6, mentres que Raúl Brun (P5) e Lena Costas (P8) sumaron dous bronces máis para o seu equipo, que marchou de Tomiño cun botín notable.
O outro clube morracense en liza foi o Hebe, máis enfocado en citas de técnica e freestyle. Aínda así, a institución moañesa acadou prata e bronce na P10 cos irmáns Tudor e Radu Ciobanu.
Polo demais, dous clubes vigueses apañaron unha medalla cada un. Ben é certo que o Tao pode presumir de ter un novo campión galego. Iago Mallo pendurou do seu pescozo o ouro da división P6. Por último, o Budo Castrelos festexou a conquista dun bronce. Jonatan Puentes subiu ó terceiro chanzo do podio na categoría P10, a do peso pesado, no certame galego absoluto celebrado onte en Tomiño.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
esgrima en silla
Judith Rodríguez vive dos grandes combates en Hungría
Tenis
Instalado en semifinales
traineras
Felicidad de estreno
Lo último