baloncesto | liga challenge
Kelliher lanza al Celta
Tiro Paralímpico
O vigués Juan Saavedra acadou onte a medalla de prata na Copa do Mundo de tiro paralímpico, que se disputou na localidade de Al Ain, nos Emiratos Árabes. O deportista, nado en Pontevedra, conqueriu a súa segunda presea na cita tras o bronce na carabina de dez metros.
Co rifle de longa distancia en posición tumbado, Saavedra comezou forte ó asinar a mellor puntuación na rolda clasificatoria con 624.3 puntos. Pasou á final con moita suficiencia e alí comezou unha nova loita por chegar ós postos de podio. O vigués empezou atinado para situarse nas primeiras posicións dende o comezo e, co paso dos disparos, a final derivou nunha loita entre o olívico e o tailandés Atidet Intanon. Na terceira praza quedou o estadounidense London Kenneth Ruggera, lonxe do dúo cabeceiro. Finalmente, a prata foi para Saavedra con 248.4 puntos polos 250 do asiático, que onte asinou una actuación notable baixo o calor emiratí.
De feito, a prata de Saavedra confirma o seu gran momento de forma e puntería ós 51 anos, xa que as condicións de calor son perxudiciais para él. En ocasións anteriores, nesta mesma cita, pasou problemas de concentración, pero onte tivo un notable acerto. O evento pechou a tempada internacional e o vindeiro ano de 2026 xa comezan as probas clasificatorias para os Xogos Paralímpicos de 2028.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
baloncesto | liga challenge
Kelliher lanza al Celta
Balonmano
El Porriño se sabe defender
Balonmano
El Cangas gana y sale del descenso