Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
fútbol sala
Unha chamada de Héctor Souto, unha conversa e unha viaxe cara a Vietnam. Juan Puertas vive unha nova aventura no fútbol sala, unha das máis raras e que afronta con maior ilusión ós seus 37 anos.
O adestrador chantadino chamouno e o redondelán, que leva dúas semanas no sudeste asiático, admite que "foi todo moi rápido. Esta tempada en Croacia íamos moi ben, xogamos a Uefa Futsal e en Liga estabamos ben clasificados, pero o presidente desapareceu... En xaneiro tiven ofertas, pero ó non ter a baixa nin o transfer, os equipos tiñan medo. Xa non ía a xogar, ata que chamou un adestrador que levaba aquí varios anos e contoume que organizaba este torneo, que o fan os clubs de baloncesto para promocionar o fútbol sala".
E a proposta chegaba dende Vietnam. Os equipos de baloncesto organizaron unha competición dun mes con seis equipos e coa posibilidade de fichar un único extranxeiro por formación. Deste xeito, Juan Puertas chegou ó Cat-fish da cidade de Can Tho. "É un país que está crecendo. O adestrador da selección é español, foron ó último mundial... Isto é todo diferente, pero a xente é encantadora. Estou moi feliz de pode vivir esta experiencia que, ó final, ó deixar este deporte é co que te podes quedar", indica o xogador.
Xa ten a experiencia de xogar en Oriente Medio, en Italia ou en Croacia, ademais de moitos equipos en España. Agora está nun país no que nunca contou e por dous meses para un torneo. "Son cousas que nunca imaxinei. Vir a Asia a xogar a fútbol sala... Tamén aproveitará a moza para vir as últimas dúas semanas, que isto e moi fermoso. Así tamén fago turismo e mato dous paxaros dun tiro. Teño gañas de comezar porque está promocionando o torneo, facendo cousas bonitas e creo que vai a ser un bo espectáculo", recoñece Puertas.
Entre as moitas curiosidades está o feito de que soamente poida xogar un extranxeiro no equipo. "Son moi dinámicos, non paran de correr e tamén moi atletas. Ademais, son moi traballadores, con adestramentos de mañá e tarde. Queren aprender e teñen moito compromiso. Héctor Souto, que é o meu adestrador, tamén está na selección sub-20 do país. Os xogadores falan inglés e despois estou aprendendo as palabras básicas en vietnamita para as xogadas de estratexia. É unha experiencia única".
Juan Puertas xa leva dúas semanas en Vietnam e recoñece que "cando chamou o adestrador é sorprendente. Vivese moi ben e a cidade na que estou é moi tranquila. Ó principio sempre tes algo de precaución. A xente escoita Vietnam e pensa que é como os tempos da guerra. Pero onde estou eu é moi tranquilo e tamén un lugar moi bonito". Durante unhas semanas é un 'peixe gato' e tamén, o 'tío Juan'. "Chamanme así porque teñen 20 anos e eu 37, para eles son o seu tío".n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Balonmano | División Oro
El Carballal busca en casa la tercera victoria de la temporada