Isma Martínez: “Soamente fomos peores na finalización”

Balonmán

O adestrador do Porriño lamentou os erros de lanzamento do seu equipo en xogadas que "eran claras"

O Porriño perdeu onte ante o Valur na final da European Cup.
O Porriño perdeu onte ante o Valur na final da European Cup.

Vigo/ O adestrador do Conservas Orbe Zendal Porriño, Isma Martínez, estaba contrariado ó final do partido e, dentro da tristura, argumentou que “non teño a sensación de ter sido peores, soamente na finalización creo que fomos inferiores. Creamos as mesmas ou máis situacións de gol. Pero, ó final, cando non fas gol durante tanto tempo consecutivo como o parcial de 7-0 na primeira metade, con lanzamentos moi claros, e págase”.

Nesta mesma liña, cos números na man, expresou que “despois, perdemos unha final dun gol nunha eliminatoria na que erramos catro sete metros e o rival únicamente un. Quizáis aí está a explicación. Foi un pouco todo, a portería e tamén a finalización. Tivemos as opcións para facer os goles, pero non os metemos e foi o gran problema. Hai unha porcentaxe de mérito delas e unha porcentaxe de demérito noso" .

No treito final do partido, o conxunto louriñés pasou de estar a sete goles de diferencia a rematar a un. “Sabía que o Valur ía a baixar físicamente no treito final porque apenas rotan. A misión era chegar ó final do partido con un marcador máis axustado, pero a distancia xa era moi grande. Optamos por esa defensa e non nos chegou. Foi unha pena porque teño a sensación de perder unha oportunidade”, indicou Martínez e reiterou que “nunha eliminatoria de perder de un con catro lanzamentos de sete metros errados… Non hai moito máis que analizar. Deixamos ó rival en 25 goles. En defensa pouco máis podemos facer. Non estivemos mal, pero fallou a finalización”.

O equipo louriñés remata co partido de onte un ciclo no que mellorou ano a ano a clasificación en liga ata alcanzar a clasificación europea e, unha vez dentro, avanzou fases ata xogar a final ante o Valur no seu estreo continental. Perdeu por un gol e parece indicar que a formación, con sete baixas e moitas de xogadoras chave, inicia unha etapa nova na que será complicado volver a loitar por un título. “No curto prazo parece difícil, pero imos a seguir traballando nunha liña de equipo gañador. Van a trocar cousas, pero non pensamos nun ano de transición. Queremos manter unha dinámica ascendente. Repetir isto é moi, moi complicado porque téñense que dar moitas cousas, pero queremos competir para darnos unha nova opción”, expresou un Isma Martínez que, aínda así, amosase ambicioso sobre o futuro do conxunto louriñés. Iso si, tras o partido, admite que “cando perdes así, desta forma tan cruel, estamos tocados. Máis adiante xa o miraremos con perspectiva, pero si”.

Contenido patrocinado

stats