Ciclismo
Un estreno desde casa para el Picusa
Derbi galego
O adestrador do Conservas Orbe Zendal Porriño, Isma Martínez, explicou sobre a vitoria de onte que “estamos moi contantas porque o plan do partido saiu á perfección. A gran diferenza con outros encontros foi o acerto de cara a portería, especialmente no extremo esquedo con Laguna. Isto ampliou moito o campo e atopamos solucións noutras zonas”.
O preparador engadiu que “defensivamente, estivemos realmente ben, igual que levamos todos estes últimos partidos. Atrás, o equipo non ten dúbidas, pero si que tiña unha sequía goleadora moi gorda. Hoxe saiu todo e nós íamos trocando a forma de atacar conforme o Guardés facía adaptacións”. E, sobre momentos puntuais, “o final da primeira parte saiunos ben o xogo con dúas pivotes e no inicio da segunda, a defensa contra sete permitiunos marcar goles fáciles. A diferenza no marcador non a vimos perigar porque as xogadoras estaban moi tranquilas no campo. Dá confianza".
Para rematar, o preparador engadiu que “é unha vitoria xusta e merecida pero somos conscientes de que nos cambiaríamos polo Guardés cos ollos pechados porque están na fase final da Copa, en Europa e cuartas en liga. Ogallá poidamos volver a xogar no ‘play-off’ de liga, pero mellor en rondas máis avanzadas”. Deste xeito, o preparador morracense recoñecía a gran tempada do seu rival, que gañou o encontro da primeira volta pero onte estivo lonxe da vitoria.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Ciclismo
Un estreno desde casa para el Picusa
balonmano
La Copa del reencuentro
Baloncesto
El Celta más ganador de la historia
Fútbol | Tercera Federación
El filial de As Celtas derrota al Tomiño y conquista la Liga