atletismo
Jóvenes atletas en Zamáns
RUGBY
Pura esencia do rugby no campo das Lagoas Marcosende. O Vigo Rugby organizou o pasado sábado o seu torneo infantil de carácter internacional e, tamén, non competitivo.
Deste xeito, a entidade optou por non elaborar clasificacións nun sistema de encontros entre equipo en forma de liga duns contra outros. De feito, o evento está concibido como unha xornada de convivencia para pequenos e maiores e, tamén, para facer club.
Soamente xogaron os máis cativos da entidade universitaria. O programa establecía tres categorías (sub-6, sub-10 e sub-12). A entidade organizadora presentou equipos en todas as categorías e o evento tivo unha especial boa acollida en Portugal. Ata catro clubs situados ó sur do río Miño acudiron anta o campo vigués. Estiveron o Trofa, o Braga o Cercarte e o Arcos de Valdevez. En total presentaron dez equipos distintos no torneo. Deste xeito xuntáronse máis de 300 xogadores para disputar un partido tras outro.
Pola súa banda, os xogadores do primeiro equipo do Vigo Rugby tamén acudiron ó lugar. Uns para arbitrar, outros para adestrar e outros para axudar nas tarefas de coordinación do evento. Por suposto, tamén os pais dos nenos locais participantes no torneo axudaron.
O día de balón oval e confraternidade rematou con partidos con xogadores misturados a modo de selección e un xigante terceiro tempo. Alí gozaron do mesmo os cativos e tamén os acompañantes. Cada un dos xogadores levou unha medalla para casa e, o máis importante, un bo día de diversión sobre o céspede.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
atletismo
Jóvenes atletas en Zamáns
baloncesto | liga femenina
El Celta abre en San Sebastián una semana con doble jornada
bádminton | world tour
Lucía Rodríguez vuelve con derrota en Finlandia