NATACIÓN PARALÍMPICA
Juan Ferrón acude al Europeo para disputar cinco pruebas
balonmano
A Guarda foi onte un lugar de felicidade. O pavillón da Sangriña, absolutamente cheo, probablemente por enriba do recomendable cunhas 600 persoas, viviu onte o título do Mecalia Atlético Guardés. E o de vivir vai en todo o senso da palabra porque se cada partido de balonmán é unha festa o de onte foi verbena maior, día do patrón e, incluso, Festa do Monte.
Dende unha hora antes do partido o pavillón estaba cheo e coas gorxas a todo volume. As rapazas do Granollers entraron no recinto deportivo coa boca aberta. Algunha delas incluso tirou unha foto porque, acostumadas a pavillóns medio baleiros, o "Inferno da Sangriña" xa estaba absolutamente quente antes de mudarse e poñer a roupa de xogo.
Escoitouse a Rianxeira e o Miudiño, tamén cancións propias de ánimo e algunhas de elaboración propia que xa coñece todo o pavillón e casi todo o pobo. O bombo sonou antes, durante e despois do partido e, incluso, falar ó do lado parecía unha tarefa case imposible. Co marcador a favor, en contra ou empate os ánimos continuaron. E o ditame chegou cando, a falta de oito minutos, as bancadas cantoron o "campións, campións". Era o veredicto.
Logo chegaron os aplausos, a ledicia e as bágoas. Moitas bágoas nas facianas da xente e tamén das xogadoras. Unha moi emocionada Estela Doiro, unha tamén emocionada Haridian Rodríguez e tamén con ollos brillantes o propio José Manuel Silva, o presidente. Abrazaba a todas as xogadoras, unha por unha.
As arxentinas, especialmente Luciana Mendoza, facían todo tipo de bromas ás compañeiras. Auga por enriba, camisolas comemorativas do título ligueiro e ducias e ducias de cativos na pista coas súas xogadoras favoritas. José Ignacio Prades colleu no regazo a un dos seus fillos e, igual sen tantos saltos, tamén gozou da celebración.
O Granollers acompañou ás xogadoras do Guardés nun corredor coas categorías inferiores do club. Tamén fixeron a foto de familia, máis extensa ca nunca, a instantánea dun título, imaxe da felicidade.
Ó final, vivir no "Inferno" non vai estar mal. O que non ensina a relixión é que existe un no que se xoga ó balonmán, cántase, báilase e as deusas son xogadoras de varios recunchos do mundo. n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NATACIÓN PARALÍMPICA
Juan Ferrón acude al Europeo para disputar cinco pruebas
TROFEO PRÍNCIPE DE ASTURIAS
Un domingo decisivo
DIVISIÓN DE HONOR JUVENIL
El juvenil celeste no falla y empieza la liga goleando
Fútbol | tercera federación
El Gran Peña se deja remontar en Barreiro
Lo último