Guisande vence de novo no Torneo Concello de Vigo

E as parellas favoritas non fallaron. Kiko González e Héctor Guisande non deron opción algunha á sorpresa

O alcalde, Abel Caballero, acudiu onte á entrega de premios.
O alcalde, Abel Caballero, acudiu onte á entrega de premios.

Despois de dez días de competición, onte pechou as portas o XII Torneo de Pádel Concello de Vigo, unha edición que pasará á historia pola consecución de dous récords do mundo: o do partido máis longo, establecido en 41 horas de xogo, e o récord mundial de inscricións nun campionato amateur, cun total de 1.278 participantes.

Arrincou a xornada nas instalacións de Máis que Auga Barreiro, co Campionato Galego de Pádel de menores nas categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil. Mentres, en Navia, disputouse a Liga Ouro, tanto na categoría masculina como feminina.

E as parellas favoritas non fallaron. Kiko González e Héctor Guisande non deron opción algunha á sorpresa. Venceron con claridade en dous sets (6/2 e 6/3) a José López e Miguel Laredo, e volveron proclamarse campións do torneo, xuntos por terceiro ano consecutivo e Guisande, a nivel particular, leva xa 10 títulos con diferentes parellas.

Na categoría feminina, cumpríronse os prognósticos e proclamáronse campioas do Torneo Concello de Vigo Laura Barros (número 1 do ranking galego) e Emma Pallas (no 3) tras vencer nunha final moi disputada a Tamara Aranda e Paloma Lázaro en tres sets (7/6, 5/7 e 2/6). Antes, na súa semifinal, Barros e Pallas superaron ao tandem formado por Alejandra Renda e Judith Gallen en dous parciais (6/3 e 6/4). No outro cruce, Lázaro e Aranda, pola súa banda, impuxéronse con moita claridade a Beatriz Rodríguez e Cristina Taboada (6/2 e 6/1).

Contenido patrocinado

stats