voleibol/cto de españa júnior
Los júnior del Club Vigo buscan hoy el título estatal
Balonmán
O Mecalia Atlético Guardés asegurou onte a cuarta praza da División de Honra e, con ela, ter o factor campo a favor nos cuartos de final polo título. Chegou grazas o punto obtido na visita ó Morvedre tras un enfrontamento cheo de alternativas, pero no que nos minutos finais o equipo de Ana Seabra xogou con cabeza para asegurar o punto que sabía que era o que precisaba para manter o posto nesta xornada ante o Beti-Onak. Precisamente, o equipo navarro (32 puntos) ante o Elda e o Balonmán Porriño (30), que xoga contra o La Rioja, chegan con opcións de finalizar nese quinta posición da que sairá o rival da formación miñota. A resolución é o sábado (19:00).
Onte, en terras de Valencia, Ana Seabra optou por rotar ás xogadoras, xa que o domingo inicia as semifinais da European Cup a domicilio contra o Málaga, e viviu un partido no que non mandou no marcador ata os cinco minutos previos ó descanso. Despois fixo varios intentos de rachar o partido, pero reaccionou o Morvedre e os goles de Hauptman facilitaron chegar ó empate sen moitos problemas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
voleibol/cto de españa júnior
Los júnior del Club Vigo buscan hoy el título estatal
piragüismo/copa del mundo
Graña se lleva un bronce y el K4 femenino, la plata
fútbol/tercera federación
El Gran Peña busca en Noia la última posibilidad de ‘playoff’
fútbol/primera federación
El Celta B visita en O Couto a un Ourense CF que necesita puntos