Campeonato de Galicia
Juramentos por la paz
Remoergómetro
O Campionato de España de remoergómetro disputouse ó longo do fin de semana en Murcia cunha actuación moi destacada de Genma González Vicente, a remeira do Robaleira, que acadou a vitoria nas dúas probas absolutas nas que participou. E con esas vitorias facilitou o segundo posto no certamen por entidades para o seu club, soamente superado polo San Felipe ferrolán.
A primeira cita para Genma González foi a proba sobre 2.000 metros, a distancia tradicional. Tras acadar a vitoria no Galego, onte mandou tamén no certame estatal ó asinar 7:17.07. Superou en case 9 segundos a Gracia Suárez, do Náutico Altea, e Laura González, do Vegadeo, foi terceira.
A segunda vitoria para a miñota chegou na proba sprint de 500 metros. Asinou 1:41.20 para batir en algo máis dun segundo a Nadia Georgieva (Torrevieja) e a Laura González (Vegadeo). Tivo máis apuros que na distancia longa, pero a representante do Robaleira volveu amosar a súa calidade.
No tocante á clasificación por clubs, o Robaleira obtivo tres preseas porque, ademais das dúas de Genma González, obtivo un bronce Francisco José Costas en remo adaptado masculino.
Pola súa parte, o tudense Suso González rematou terceiro lixeiro no Mundial indoor online de remoergómetro que tamén foi onte. Neste caso, disputouse sobre 5.000 metros e o miñoto asinou 16:54.3, o que tamén serviulle para impoñerse na súa categoría de idade (50-54 anos).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último